Pedro López Rodríguez, nado en Lugo o 21 de xaneiro de 1997, é un futbolista profesional galego, da canteira do Club Deportivo Lugo, que actualmente xoga de defensa central no Unionistas de Salamanca cedido polo club lucense.

Traxectoria Nado en Lugo, Pedro López comazou xogando ao fútbol sala nas categorías inferiores do Prone Lugo e ao fútbol no Club Deportivo Lugo até a categoría alevín. Por mor de incompatibilidades, finalmente tense que decantar por seguir nun dos dous equipos, escollendo ao de fútbol baixo o consello do adestrador Antonio Gómez. Pouco a pouco, e sendo un dos líderes do vestiario na canteira lucense, consegue debutar no ano 2016 co Club Deportivo Lugo B de Preferente Autonómica. O seu primeiro partido co filial albivermello sería ante o Xallas, onde o seu equipo consegue vencer por 2−0 no Campo do Ceao. Tras xogar 33 encontros co filial, na temporada 2017−18 fai a pretemporada co primeiro equipo, debutando en Segunda División o 21 de agosto de 2017 na primeira xornada de liga contra o Reus Deportiu no Anxo Carro, partido que finalizou con empate sen goles.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en lapreferente.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Deportistas de Lugo Categoría:Futbolistas de Lugo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca