O Santa Isabel era un barco de vapor de pasaxeiros de bandeira española de 1184 toneladas. Afundiu en 1921, preto da Illa de Sálvora.

Historia e características O Santa Isabel era un vapor auxiliar construído en 1915 no estaleiro de Matagorda (Puerto Real, provincia de Cádiz) para a Compañía Transatlántica Española, e era xemelgo do San Carlos. Medía 88,37 m de eslora, 12,19 m de manga e 8,03 de puntal. Facía a ruta Bilbao, Santander, A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Cádiz, para levar pasaxeiros para transbordar con destino a Buenos Aires. Estaba ao mando do capitán Esteban García Muñiz, e tiña unha tripulación de 80 mariñeiros.

Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 naufragou fronte á Punta Forneira, a 200 metros da illa de Sálvora na ría de Arousa. Faleceron 213 dos 268 viaxeiros do barco. As denominadas heroínas de Sálvora, María Fernández Oujo, Josefa Parada e Cipriana Oujo Maneiro, de 14, 16 e 24 anos de idade, rescataron 58 persoas cunha dorna.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Heroínas de Sálvora A illa das mentiras (filme) Ligazóns externas 20px A traxedia do vapor-correo Santa Isabel. El naufragio del Santa Isabel https://www.wrecksite.eu/wreck.aspx?158026

Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:1921 en Galicia Categoría:Naufraxios Categoría:Barcos de 1915