Ana Pardo de Vera Posada, nada en Lugo en 1974 é unha xornalista galega. Dende 2016 até 2019 dirixiu o diario dixital Público."Ana Pardo de Vera, nueva directora de Público", artigo en Público, 1 de setembro de 2016 .
Traxectoria É filla do avogado Gerardo Pardo de Vera, quen foi o primeiro alcalde de Becerreá, polo Partido Popular, a partir do período democrático en 1979 e irmá máis vella de Isabel Pardo de Vera, quen en 2018 se converteu en presidenta de Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif).
É licenciada en Filoloxía hispánica, ten un máster en Medios de Comunicación e estudos de Ciencias Políticas e Socioloxía pola UNED."La lucense Ana Pardo de Vera, nueva directora de Público", artigo en El Progreso, 1 de setembro de 2016 . Escribiu en varios medios de comunicación como Diario 16, La Voz de Galicia, Tempo ou El Siglo de Europa e colaborou con diversas radios e televisións. En 2007 participou na fundación do xornla Público que dirixiu entre 2016 e 2019, cando foi substituída por Virginia Pérez Alonso.
Durante o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero foi asesora de comunicación nos Ministerios de Defensa, Industria, Turismo e Comercio e Vicepresidencia de Política Territorial.Ana Pardo de Vera: "La regulación de la prensa está por hacer", artigo en Público, 20 de novembro de 2016 .
Obras miniatura|Presentando No quieren que lo sepas co autor e xornalista Jesús Cintora en Bueu, organizado pola Libraría Miranda. En la maleta de Zapatero (2013).
Notas
Véxase tamén
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia