O Premio Abel (en ) é un premio concedido anualmente polo goberno noruegués a un ou máis matemáticos destacados.

O premio recibe o nome do matemático noruegués Niels Henrik Abel (1802–1829) e segue o modelo dos premios Nobel; foi establecido en 2001 e complementa o seu premio irmán en humanidades, o premio Holberg. Ten un galardón monetario de 7'5 millóns de coroas norueguesas (NOK) (arredor de 770 000 euros, cambio de 2017).

A cerimonia de entrega ten lugar no adro da facultade de dereito da universidade de Oslo, onde se entregou o premio Nobel da Paz entre 1947 e 1989. O comité do premio tamén estableceu un simposio Abel, administrado pola Sociedade Matemática Norueguesa.

Historia miniatura|O premio concédese no adro da Domus Media da facultade de dereito da universidade de Oslo O premio foi proposto para ser parte da celebración en 1902 do centenario do nacemento de Abel. Pouco antes da súa morte en 1899, o matemático noruegués Sophus Lie propuxo establecer un premio Abel cando descubriu que os plans de Alfred Nobel para uns premios anuais non incluían un premio en matemáticas. O rei Óscar II estaba disposto a financiar un premio matemático en 1902 e os matemáticos Ludwig Sylow e Carl Størmer deseñaron uns estatutos e unha regras para iso. Porén, a influencia de Lie declinou coa súa morte e a disolución da unión entre Noruega e Suecia en 1905 acabou co intento de creación do premio Abel.

Tras o incremento do interese no concepto do premio en 2001, formouse un grupo de traballo para desenvolver a proposta, que se presentou en maio ao primeiro ministro. En agosto de 2001 o goberno noruegués anunciou que a concesión do premio comezaría en 2002, segundo centenario do nacemento de Abel. Atle Selberg recibiu un premio honorífico en 2002, pero o primeiro premio real foi entregado en 2003.

En 2010 comezouse unha serie de libros de presentación dos premiados e os seus descubrimentos. Os dous primeiros volumes cobren os anos 2003–2007 e 2008–2012 respectivamente.

Criterios de selección A Academia Norueguesa das Ciencias e das Letras anuncia o gañador en marzo segundo a recomendación do comité Abel, que consiste en cinco destacados matemáticos, en 2016 liderados por John Rognes. A Unión Matemática Internacional e a Sociedade Matemática Europea nomean os membros do comité.

Calquera pode enviar unha candidatura, mais non se permiten autocandidaturas. Os candidatos deben estar vivos, mais se o premiado falece tras ser declarado gañador o premio concédese a título póstumo.

Financiamento Orixinalmente, o financiamento procedía da fundación Abel mais hoxe o premio finánciase a partir do orzamento nacional noruegués. En 2001, o goberno noruegués entregou 200 millóns de coroas norueguesas para o financiamento do premio (case 22 millóns de euros) que está controlado por unha xunta na que están presentes membros elixidos pola Academia Norueguesa de Ciencias e Letras.

Premiados Ano Premiado(s)Foto Nacionalidade(s) Institución(s) Cita 2003 centro|senmarco|147x147px Collège de France "Polo seu papel clave en establecer a forma moderna de moitas partes das matemáticas, incluíndo a topoloxía, a xeometría alxébrica e a teoría de números."2004centro|senmarco|118x118px Universidade de Edimburgo"Polo descubrimento e demostración do teorema do índice, xuntando topoloxía, xeometría e análise, e o seu papel fundamental na construción de pontes entre as matemáticas e a física teórica."centro|senmarco|100x100pxInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts 2005 centro|senmarco|132x132px /Courant Institute "Polas súas rompedoras contribucións á teoría e aplicación das ecuacións en derivadas parciais e ao cálculo das súas solucións". 2006 centro|senmarco|140x140px Royal Institute of Technology "Polas súas contribucións profundas e seminais á análise harmónica e a teoría de sistemas dinámicos suaves". 2007 centro|senmarco|150x150px / Courant Institute "Polas súas contribucións fundamentais á teoría da probabilidade e en particular pola creación da teoría de grandes desviacións unificada".2008centro|senmarco|100x100px"Polas súas profundas achegas á álxebra e en particular por dar forma á moderna teoría de grupos."centro|senmarco|177x177px / Universidade de Florida; Collège de France 2009 centro|senmarco|113x113px / Institut des Hautes Études Scientifiques e Courant Institute "Polas súas contribucións revolucionarias á xeometría". 2010 centro|senmarco|120x120pxUniversidade de Texas en Austin "Polo seu amplo e duradeiro impacto na teoría de números." 2011 centro|senmarco|125x125px Universidade Stony Brook "Polos descubrimentos pioneiros en topoloxía, xeometría e álxebra." 2012 centro|senmarco|141x141px / Alfréd Rényi Institute e Universidade Rutgers "Polas súas contribucións fundamentais á matemática discreta e á teoría da computación, e en recoñecemento do fondo e duradeiro impacto das súas contribucións á teoría aditiva de números

e á teoría ergódica." 2013 centro|senmarco|136x136pxInstitute for Advanced Study "Polas contribucións seminais á xeometría alxébrica e polo seu impacto na teoría de números, a teoría da representación e áreas relacionadas". 2014 centro|senmarco|138x138px / Universidade Princeton e Landau Institute for Theoretical Physics "Polas súas contribucións fundamentais aos sistemas dinámicos, á teoría ergódica e á física matemática."2015John F. Nash, Jrcentro|senmarco|133x133pxUniversidade Princeton"Polas seminais contribucións á teoría das ecuacións en derivadas parciais non lineares e as súas aplicacións á análise xeométrica."centro|senmarco|148x148px / Courant Institute 2016Andrew Wilescentro|senmarco|133x133pxUniversidade de Oxford "Pola súa sorprendente demostración do último teorema de Fermat mediante a conxectura da modularidade para curvas elípticas semiestables, abrindo unha nova era na teoría de números". 2017 centro|senmarco|100x100pxÉcole normale supérieure Paris-Saclay "Polo seu papel primordial no desenvolvemento da teoría matemática das ondículas." 2018 centro|senmarco|100x100px / Institute for Advanced Study "Polo seu programa visionario conectando a teoría de representación coa teoría de números." 2019centro|senmarco|100x100pxUniversidade de Texas en Austin "Polas súas pioneiras achegas sobre ecuacións en derivadas parciais xeométricas, a teoría de gauge e os sistemas integrables, e polo impacto fundamental do seu traballo en análise, xeometría

e física matemática".2020centro|senmarco|128x128pxUniversidade Hebrea de Xerusalén"Por ser pioneiros no uso de métodos de probabilidade e dinámica en teoría de grupos, teoría de números e combinatoria".centro|senmarco|140x140pxUniversidade de Yale 2021 centro|senmarco|100px Universidade Eötvös Loránd "Polas súas contribucións fundamentais á informática teórica e ás matemáticas discretas e o seu papel primordial en colocalas nos campos centrais das matemáticas modernas". centro|senmarco|100px Institute for Advanced Study 2022 centro|senmarco|100px Universidade de Stony Brook "Polas súas contribucións innovadoras á topoloxía no seu sentido máis amplo, e en particular aos seus aspectos alxébricos, xeométricos e dinámicos".2023Luis Caffarellicentro|senmarco|100x100pxUniversidade de Texas "polas súas contribucións fundamentais á teoría da regularidade para ecuacións diferenciais parciais non lineais, incluíndo problemas de fronteiras libres e a ecuación de Monge-Ampère".2024Michel Talagrandcentro|senmarco|100x100pxCentre national de la recherche scientifique "Polas súas contribucións innovadoras á teoría da probabilidade e á análise funcional, con aplicacións destacadas en física matemática e estatística".2025Masaki Kashiwaracentro|senmarco|100x100pxResearch Institute for Mathematical Sciences "Pola súa contribución fundamental á análise alxébrica e á teoría da representación, en particular o desenvolvemento da teoría dos D-módulos e o descubrimento das bases cristal".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Páxina oficial de Abel Symposium Abel Prize en MathWorld