miniatura|Retrato de Pedro Salavería, por Federico Madrazo (colección Banco de España) Pedro Salaverría y Charitu, nado en Santander, o 17 de outubro de 1821 e finado en San Sebastián, o 5 de agosto de 1896, foi un facendista e político español, ministro de Facenda e de Fomento durante o reinado de Isabel II e, novamente, ministro de Facenda durante o reinado de Afonso XII.

Traxectoria De familia de orixe vasca (seu pai era orixinario de Irún e a súa nai de Hondarribia), con 13 anos, o 20 de novembro de 1834Fabié, Antonio M.ª (1898), vol. I, p. 23, entrou a traballar como escribente no Goberno Civil de Burgos e na Contaduría da mesma provincia até 1838, logo pasou á Oficina de Rendas e de alí a Sevilla en 1844. Os seus traballos sobre a tesouraría pública impresionaron aos seus compañeiros que o chamaron, en 1854, para formar parte do Ministerio de Facenda en calidade de Secretario de Estado.

Deputado Obtivo acta de deputado no Congreso nos sucesivos procesos electoras celebrados entre 1858 e 1865 polas circunscricións de Valladolid (1858) e Santander (1863 - 1865). Coa Revolución de 1868 retiraríase da vida política activa á que retornaría durante a I República ao ser elixido novamente deputado, nesta ocasión pola provincia de Burgos, nas eleccións de 1872 repetindo o devandito escano nos procesos electorais de 1873 e 1876 aínda que en 1877 renunciaría á súa acta de deputado para ocupar o cargo de gobernador do Banco de España.

Ministro Foi ministro de Facenda en catro ocasións. A primeira foi entre o 20 de setembro e o 12 de outubro de 1856Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 56; a segunda entre o 30 de xuño de 1858 e o 2 de marzo de 1863Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 58. en gabinetes presididos por O'Donnell .Posteriormente, entre o 1 de marzo e o 16 de setembro de 1864Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 60 volverá dirixir o ministerio nun goberno Mon e, finalmente, na Restauración, será novamente ministro de Facenda entre o 31 de decembro de 1874 e o 25 de xullo de 1876Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 76. en tres gobernos sucesivos que presidirían Cánovas e Jovellar. Neste período tivo que conseguir equilibrar unha difícil situación na que a existencia de dúas guerras (contra os carlistas e en Cuba) e os pagos da Débeda suspendidos. Finalmente conseguiu sacar o orzamento adiante e un importante acordo respecto da Débeda.

Tamén foi ministro de Fomento entre o 25 de outubro de 1857 e o 14 de xaneiro de 1858Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 57. nun goberno Armeiro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España

Bibliografía Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la Edad Contemporánea. Biblioteca de Historia (2ª ed.). Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08373-1. Fabié, Antonio M.ª (1898). Biografía del Excmo. señor D. Pedro Salaverría, 2 vols., Madrid. Imp. de Fortanet . Ligazóns externas Biografía de Pedro Salaverría por Antonio María Fabie na Biblioteca Nacional (BNE).

Categoría:Finados en 1896 Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Nados en 1821 Categoría:Políticos de Cantabria Categoría:Nados en Santander Categoría:Ministros de Fomento de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Políticos da Unión Liberal