Pseudemys nelsoni é unha especie de tartaruga da familia Emydidae que é endémica de Florida e Xeorxia, nos Estados Unidos de América.
Etimoloxía O nome específico nelsoni déuselle na honra do biólogo norteamericano George Nelson (nado en 1873).Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Pseudemys nelsoni, pp. 188-189).
Bioloxía É unha especie principalmente herbívora, e pode encontrarse en case todos o stiios de hábitats acuáticos. Abunda en regatos de mananciais, e ocasionalmente pode encontrarse en augas salobres. Esta especie é activa todo o ano e pasa unha gran parte do día tomando o sol sobre troncos. Pon de 12 a 30 ovos nos seus niños e nalgunhas ocasións deixa os seus ovos en niños de aligátor. É un parente próximo de Pseudemys floridana e ás veces toman o sol xuntas.
Descrición A especie pode distinguirse doutras tartarugas similares polo seu distintivo plastron avermellado e dúas cúspides no seu bico superior (parecen dentes). Como a maioría das Pseudemys, esta especie é unha tartaruga de ríos relativamene grandes. A lonxitude da coiraza nos individuos maduros vai de 20,3 a 37,5 cm. As femias teñen unha lonxitude media da coiraza de 30,5 cm e un peso de 4 kg, e son bastante máis grandes que os machos, que son duns 25 cm e 1,8 kg.The IUCN Red list - Pseudemys nelsoni
Exportación É unha especie que se exporta comunmente como alimento e como mascota, e parte dos individuos exportados son capturados na natureza e outra parte criados en catividade comercialmente.
A maioría das estatísticas de exportación nos Estados Unidos (como as do World Chelonian Trust de 2002-2005) simplemente designan as tartarugas exportadas polo seu xénero, Pseudemys, sen identificar a especie.Declared Turtle Trade From the United States - Pseudemys sp.
esquerda|miniatura|Femia tomando o sol
Notas
Véxase tamén Bibliografía Carr, A.F. (1938). "Pseudemys nelsoni, a New Turtle from Florida". Occ. Pap. Boston Soc. Nat. Hist. 8: 305-310. (Pseudemys nelsoni, new species). Ernst, C.H., R.W. Barbour, J.E. Lovich (1994). Turtles of the United States and Canada. Washington, District of Columbia: Smithsonian Institution Press. Hubbs, C. (1995). "Springs and spring runs as unique aquatic systems". Copeia 1995 (4): 989-991. Reed, R.N., J.W. Gibbons (2004). "Conservation status of live U.S. nonmarine turtles in domestic and international trade" – a report to: U.S. Department of the Interior and U.S. Fish and Wildlife Service. Aiken, South Carolina, Savannah River Ecology Lab: 1-92.
Categoría:Tartarugas