A VG-4.4 ou Variante de Marín (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Lourizán (Pontevedra) e Ardán (Marín); atravesa os concellos de Pontevedra e Marín. Ten unha lonxitude de 13,02 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-12 en Lourizán (Pontevedra) e finaliza nun cruzamento coa PO-551 en Ardán (Marín).

Percorrido

Inicia na rotonda das autovías urbanas da PO-11 e PO-12 e autoestrada urbana de PO-11 procede de Pontevedra (dirección norte) e outro de Nó da conexión coa autoestrada de peaxe, AP-9 (dirección leste), na parroquia de Lourizán (concello de Pontevedra), seguindo á ligazón do Casal (concello de Marín) coa estrada EP-0019 contado as direccións, un cara a oeste a Marín e outro cara a leste ao lugar da Armada (mesmo concello). Antes de chegar á seguinte ligazón, atópase o viaduto de Pardavila duns 400 metros, o máis longo desta vía e chegando á ligazón de Pardavila coa estrada PO-313 contado as direccións, un cara a norte a Marín e outro cara a sur a Moaña. Seguindo á ligazón do Campo coa estrada EP-1202 contado as direccións, un cara a norte á parroquia de Seixo (concello de Marín) e outro cara a sur á parroquia do Campo (mesmo concello) e remata na rotonda da estrada PO-551 na parroquia de Ardán, coas direccións, un cara a sur a Bueu e outro cara a norte á parroquia de Seixo (concello de Marín).

Historia

As primeiras obras iniciaron en decembro de 2002, e inaugurara varios anos despois, en setembro de 2006 coa entrada en servizo, o primeiro tramo entre San Xián e Ardán e o segundo tramo entre Lourizán e San Xián, finalmente foi inaugurado en xullo de 2012.

Treitos

Denominación Treito Kms Ano servizo Lourizán - San Xián 4,2 2012 San Xián - Ardán 8,6 2006

Notas

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Pontevedra Categoría:Marín Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes