O contubernio é unha novela do escritor galego Alfredo Conde. Publicouse orixinalmente en 1978 co título de Contubernio catro de Tomé S.

Argumento

O libro conta a historia de Tomé Salgado, o cura párroco de Lixouriz, unha aldea do concello de Sanuxio, que no outono de 1967 tense que enfrontar ao problema de que o cemiterio da parroquia está cheo. Acorda cos veciños a súa ampliación pero o Concello, mediante o alcalde, prohibe os enterramentos por non contar cos permisos pertinentes. O problema acrecéntase cando chega un cadáver e queda á espera de enterrar. A partir de entón, os problemas magnifícanse e deberán, cura e veciños, ir polo mesmo camiño para resolver este e outros problemas.

Edicións

Contubernio catro de Tomé S. (Edicións Castrelos, 1978). O contubernio (Sotelo Blanco Edicións, 1987). Notas

Categoría:Obras literarias de 1978 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Alfredo Conde