Borealosuchus (que significa 'crocodilo boreal') é un xénero extinto de crocodilianos que viviu desde o Cretáceo tardío ao Eoceno en Norteamérica. Foi nomeado por Chris Brochu en 1997 para aplicalo a varias especies que foran asignadas inicialmente ao xénero Leidyosuchus. As especies asignadas a este xénero son:
Borealosuchus era un crocodilo de tamaño medio; B. acutidentatus chegaba a 2,8 m de lonxitude e un cranio de 36 cm.
Clasificación miniatura|esquerda|Molde dun cranio, ROM
Especies Actualmente recoñécense seis especies de Borealosuchus. Pola orde en que foron nomeados son: B. sternbergii, B. acutidentatus, B. wilsoni, B. formidabilis, B. griffithi e B. threeensis. Catro destas especies (B. sternbergi, B. acutidentatus, B. wilsoni e B. formidabilis) foron nomeadas orixinalmente como especies de Leidyosuchus e despois cambiadas de xénero.
B. sternbergii, a especie tipo, do Maastrichtiano (Cretáceo tardío) de Colorado, Montana, Dacota do Norte, Dacota do Sur, e Wyoming, EUA; B. acutidentatus, do Paleoceno de Saskatchewan, Canadá; B. formidabilis, do Paleoceno de Dacota do Norte; B. griffithi, do Paleoceno de Alberta, Canadá; B. wilsoni, do Eoceno de Wyoming, EUA. B. formidabilis é o mellor coñecido, e está representado polo resto de moitos individuos do xacemento de Wannagan Creek en Dacota do Norte. Unha sesta especie B. threeensis, foi nomeada en 2012. Os fósiles desta especie atopáronse no Inversand Company Marl Pit de Gloucester County, Nova Jersey. O nome específico é unha referencia á Saída 3 da autoestrada máis próxima á localidade tipo.
Filoxenia Segundo Brochu et al. (2012) a maioría das análises filoxenéticas sitúan Borealosuchus como un crocodiliano máis estreitamente relacionado co clado Brevirostres que ao Gavialoidea; unhas poucas análises, ao contrario, sitúano máis próximo aos gavialoides ou como un eusuquio basal que non pertenza a Crocodylia. Segundo unha análise realizada polo propio Brochu e coautores (2012), as tres hipóteses son igualmente parsimoniosas. miniatura|Fósil de Borealosuchus sp. O seguinte cladograma de Brochu et al. (2012) mostra as relacións filoxenéticas das especies Borealosuchus:
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Borealosuchus na Paleobiology Database
Categoría:Crocodilomorfos