Os loricados (Loricata) son un grupo de réptiles que inclúe os crocodilianos e os seus antepasados. Foi nomeado polo naturalista alemán Blasius Merrem na súa obra de 1820 Versuch eines Systems der Amphibien. Merrem considerábao un dos tres grupos de Pholidota (réptiles); os outros dous eran Testudinata (tartarugas) e Squamata (lagartos e serpes). Loricata foi un nome antigo para a orde que comprende os crocodilos, aligátores e gaviais, a cal agora se denomina Crocodylia.

O nome Loricata adqiriu unha nova definición filoxenética en 2011. O paleontólogo Sterling J. Nesbitt no seu estudo da filoxenia temperán dos arcosauros definidos como o clado máis inclusivo que contén Crocodylus niloticus (o crocodilo do Nilo), pero non o extinto Poposaurus gracilis, Ornithosuchus longidens ou Aetosaurus ferox. Nesbitt consideraba que as seguintes características eran sinapomorfías (características distintivas) dos Loricata:

Catro dentes na premaxila da mandíbula superior. Unha crista no óso escamoso na parte de atrás do cranio. Unha proxección no escamoso que toca a fiestra infratemporal. Unha cola, e unha órbita ocular estreita. Unha crista situada na metade da fíbula para a inserción do músculo iliofibular. Unha articulación entre o cuarto óso do tarso e a parte inferior do calcáneo no nocello. Unha proxección na base do quinto metatarsal do pé que está separado do final do óso por un oco cóncavo.

A análise filoxenética de Nesbitt situou Crocodylomorpha e varios rauisuquios dentro de Loricata. Rauisuchidae era un taxon irmán de Crocodylomorpha, mentres que os prestosuquios formaban unha serie de loricados máis basais. Loricata é o taxon irmán de Poposauroidea, un grupo de rauisuquios do Triásico. Velaquí un cladograma de Loricata de Nesbitt (2011):

França, Langer e Ferigolo (2011) atoparon que, cando se engadía Decuriasuchus á análise de (2011), este era o loricado máis basal. A súa adición influenciou tamén a situación filoxenética de Ticinosuchus. Na análise orixinal de Nesbitt quedaba fóra de Loricata, pero cando se incluíu Decuriasuchus na análise, Ticinosuchus foi considerado un membro basal de Loricata.

Os poposauroides xeralmente considerábanse parentes máis próximos dos crocodilomorfos que dos rauisuquios e prestosuquios. O clado Paracrocodylomorpha inclúe os poposauroides e crocodilomorfos, xeralmene excluíndo os rauisuquios e prestosuquios. Cando se usa Paracrocodylomorpha, os rauisuquios e prestosuquios son situados xeralmente como os crurotarsos máis basais. O clado chamado Paracrocodyliformes creouse en 2007, no cal os rauisuquios e prestosuquios estaban máis relacionados cos Crocodylomorpha, e os poposauroides eran o grupo máis basal. Ese uso é similar ao de Loricata.

Notas

Categoría:Arcosauros Categoría:Crurotarsos