miniatura|Manuel Teixeira Gomes contra 1910 Manuel Teixeira Gomes, nado en Vila Nova de Portimão o 27 de maio de 1860 e finado en Bougie ( Alxeria) o 18 de outubro de 1941, foi un escritor e político portugués, o sétimo presidente da Primeira República Portuguesa do 6 de outubro de 1923 ata o 11 de decembro de 1925.

Traxectoria Fillo de José Libânio Gomes e Maria da Gloria Teixeira de Seixas Braga, educouse na casa familiar ata entrar no Colexio de San Luís Gonzaga, en Portimão. Aos dez anos entrou no Seminario Maior de Coímbra e posteriormente matriculouse en medicina na Universidade de Coímbra, non obstante desistiu ao pouco tempo, contrariando a vontade do pai. Mudouse entón para Lisboa, onde entrou no círculo intelectual de Fialho de Almeida e João de Deus. Máis tarde, coñecerá outras figuras importantes da cultura literaria da época, como Marcelino Mesquita, Gomes Leal e António Nobre.

Logo de realizar o servizo militar estableceuse no Porto en 1881, e aí coñeceu a Sampaio Bruno co que colaborou en revistas e xornais, entre eles O Primeiro de Janeiro, Folha Nova, Arte & Vida (1904-1906) e Atlântida (1915-1920).

Despois de se reconciliar coa familia, viaxou a partir de 1891 por Europa, Norte de África e Próximo Oriente como representante comercial dos produtos agrícolas producidos polas propiedades do pai (principalmente améndoas e figos). En 1899 publicou o seu primeiro libro, Inventário de Junho, un libro de viaxes e impresións. miniatura|284x284px|Manuel Teixeira Gomes como Presidente da República. Republicano convencido tras a proclamación o 5 de outubro de 1910 da república exerceu o cargo de ministro plenipotenciario de Portugal no Reino Unido (1911-1918). Volveu a Portugal en xaneiro de 1918 e estivo en arresto domiciliario durante a ditadura de Sidónio Pais. Volveu á diplomacia tras a caída do réxime sidonista e foi ministro plenipotenciario en España (1919) e de novo no Reino Unido (1919–1923). Estivo na delegación portuguesa na Conferencia de Paz de París (1919–1920) e foi o candidato do Partido Democrático nas eleccións presidenciais de agosto de 1919 que gañou António José de Almeida. Delegado na Liga de Nacións e vicepresidente da Asemblea Xeral (setembro e 1922). A proposta de Afonso CostaMaria Luísa V. de Paiva Boléo (1996) Oito Presidentes para a História (1910-1926) Público Magazine o parlamento elixiuno Presidente da República o 6 de agosto de 1923 e asumiu o posto o 3 de outubro ata a súa renuncia o 11 de decembro de 1925, nun contexto de enorme perturbación política e socialBiografía na web oficial da Presidencia da República Portuguesa. A xustificación oficial foi o seu interese en dedicarse exclusivamente á literatura. O 17 de decembro embarcou no navío neerlandés «Zeus» rumbo a Orán, en Alxeria, nun autoexilio voluntario. Morreu en 1941 e ata outubro de 1950 os seus restos mortais non volveron a Portugal.

Deixou unha considerable obra literaria, integrada na corrente nefelibata, cunha prosa coidadamente clásica con temas decaentes, grotescos e cómicos, e cun erotismo desenfreado e un paganismo helénicoMassaud Moisés (1997) A literatura portuguesa Editora Cultrix, p. 226.

Obra Cartas sem Moral Nenhuma (1904) Agosto Azul (1904) Sabina Freire (1905) Desenhos e Anedotas de João de Deus (1907) Gente Singular (1909) Cartas a Columbano (1932) Novelas Eróticas (1935) Regressos (1935) Miscelânea (1937) Maria Adelaide (1938) Carnaval Literário (1938) Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Manuel Teixeira Gomes pelo portal "O Leme" Antigos Presidentes: Teixeira Gomes - Páxina Oficial da Presidência da República Portuguesa Manuel Teixeira Gomes, Antigo Estudante da Academia Politécnica do Porto

Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en 1860 Categoría:Presidentes de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Nados no distrito de Faro Categoría:Diplomáticos