Aurelio Fernández Morales, finado na Coruña o 21 de outubro de 1943,La Voz de Galicia, 22-10-1943, p.2, 3. foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Fernández, que foi concelleiro e tenente de alcalde da Coruña. Formou parte do Partido Republicano Autónomo en 1918El Orzán, 13-2-1918, p. 2. e foi concelleiro da Coruña e primeiro tenente de alcalde. En 1921 volveu ser elixido primeiro tenente de alcalde da Coruña.El Ideal Gallego, 11-8-1921, p. 2. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro da Coruña e elixido sétimo tenente de alcalde o 1 de outubro de 1923.Galicia. Diario de Vigo, 2-10-1923, p. 1. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pola provincia da Coruña encadrado no Partido Radical. Foi presidente do Comité provincial do Partido Radical e da Sociedade Alianza Republicana da Coruña. Foi presidente do Partido Republicano Radical da Coruña en 1932.El Correo Gallego, 14-10-1932, p. 1.
Vida persoal
Casou na Coruña con Nieves Ramos Paz en 1913.La Correspondencia Gallega, 9-7-1913, p. 1. Notas
Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1943 Categoría:Nados en ano descoñecido