Ramón de Santillán González, nado en Lerma (Burgos), o 30 de agosto de 1791 e finado en Madrid en 1863, foi un político e militar español.
Traxectoria Membro dunha familia non moi acomodada de Lerma e matriculouse en Dereito na Universidade de Valladolid (1805). A Guerra da Independencia española interrompeu os seus estudos. Integrouse na reacción patriótica, incorporándose co grao de tenente (1809) na partida do cura Merino, na que chegou a alcanzar o de capitán.
Despois da guerra permaneceu no exército até 1824, cando foi depurado polo seu apoio ao goberno liberal durante o Trienio. En 1825 ingresou no Ministerio de Facenda chegando a ocupar cargos de responsabilidade durante a época de Mendizábal.
Pouco antes da caída da rexente María Cristina de Borbón durante a minoría de idade de Isabel II, foi nomeado Ministro de Facenda (abril de 1840 - xullo de 1841) ata que Baldomero Espartero accedeu á Xefatura do Estado. A pesar da súa saída como Ministro, continuou na facenda pública como home destacado, sendo chamado a formar parte da reforma fiscal que iniciou o ministro García Carrasco xunto a Alejandro Mon e Menéndez e outros destacados facendistas.
As súas achegas á reforma tributaria de 1845, aínda que atribuídas en moitas ocasións só a Mon, foron en gran parte froito da colaboración de ambos, cuxa sintonía en política tributaria era moi acentuada. Senador vitalicio na lexislatura 1845-46.Senado de España: Expediente personal del senador vitalicio D. Ramón Santillán González. Nomeado de novo Ministro de Facenda por un breve período (28 de xaneiro a 28 de marzo de 1847), reformou o funcionamento do sistema bancario público español mediante a unificación do Banco de San Fernando e o Banco de Isabel II nunha soa entidade das que foi o seu primeiro gobernador (1849). Aínda que entón conservou o nome de San Fernando, converteríase no Banco de España. Foi substituído polo marqués de Salamanca.
As súas achegas á facenda pública española mereceron que en xaneiro de 1856 fose nomeado como primeiro gobernador do Banco de España, sendo ministro Francisco Santa Cruz Pacheco. Foi membro da Unión Liberal.
Obras Memoria Histórica sobre os Bancos Nacionais de San Carlos, Español de San Fernando, Isabel II, Novo de San Fernando e de España. (1858), reeditado polo Banco de España en 1982. Memorias (1860)
Cargos CargoComezoRemateMinistro de Facendaabril 1840agosto 1840Ministro de Facendaxaneiro 1847marzo 1847Gobernador do Banco de Españaxaneiro 1856novembro 1863
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España
Bibliografía Rulla Babater, Alberto. Dicionario sucinto de Ministros de Facenda. Madrid: Instituto de Estudos Fiscais, Ministerio de Facenda, 1991. ISBN 84-7196-967-X
Ligazóns externas Vidas Contadas en RNE.15x15px
Categoría:Finados en 1863 Categoría:Militares da Guerra de Independencia Española Categoría:Nados en 1791 Categoría:Ministros de España Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Senadores de España Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Políticos da Unión Liberal Categoría:Nados en Lerma