miniatura|300x300px|Dentición dun canguro, un raro exemplo de mamífero polifiodonto. Un polifiodonto é un animal cuxos dentes poden substituírse continuamente. En contraste, os difiodontos caracterízanse por ter só dous conxuntos sucesivos de dentes (por exemplo, dentes de leite e dentes definitivos).

Son polifiodontos a maioría dos peixes dentados, moitos réptiles como os crocodilos, osgas, e a maioría dos outros vertebrados, pero os mamíferos son a principal excepción. Aos mamíferos crécenlles dentes novos permanentes nas mandíbulas, xeralmente baixo ou detrás dos dentes vellos, a partir de células nai da lámina dental. Nos polifiodontos, os animais xoves teñen normalmente un conxunto completo de dentes cando eclosionan; non hai cambios de dentes no ovo. En poucos días, a substitución de dentes empeza, xeralmente na parte posterior da mandíbula e continúa cara a adiante como unha onda. Como media substitúese un dente cada poucos meses.

Crocodilia miniatura|300x300px|Crocodilo do Nilo (Crocodylus niloticus). Os crocodilianos son os únicos vertebrados non mamíferos con alvéolos dentais. Aos aligátores crécelles un pequeno dente de substitución baixo cada dente maduro funcional que servirá para substituír a este último unha vez ao ano, de modo que cada dente é substituído por outro unhas 50 veces ao longo da súa vida. Investigouse a rexeneración dos dentes dos crocodilianos para a súa posible aplicación en humanos.

Evolución en mamíferos

Os canguros, elefantes e manatís son peculiares entre os mamíferos por seren polifiodontos, xa que a maioría do resto dos mamíferos substitúen os dentes unha soa vez na vida, polo que son difiodontos. Aínda que a maioría dos mamíferos existentes non son polifiodontos, os antepasados dos mamíferos si o eran. Durante a evolución dos terápsidos, houbo un período durante o cal os mamíferos eran tan pequenos e de vida tan curta que o desgaste dos dentes non xeraba unha presión de selección significativa para substituílos constantemente. En lugar diso, nos mamíferos evolucionaron diferentes tipos de dentes que formaron unha unidade con capacidade de crebar o exoesqueleto dos artrópodos dos cales se alimentaban. Os molares apareceron despois no decurso da súa evolución (primeiro apareceran xa en cerápodos e Diplodocus).

Os manatís non teñen dentes incisivos ou caninos, só dentes na zona das meixelas para mastigar, que non están claramene diferenciados en premolares e molares. Estes dentes son substituídos continuamente ao longo da vida do animal ao crecérenlles novos dentes na parte posterior que avanzan cara a adiante a medida que os dentes vellos caen na parte de diante da boca, un proceso chamado "progresión molar traseira" ou “molares camiñantes”.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rexeneración (bioloxía) Regra de Schultz

Categoría:Anatomía animal