miniatura|325px|Catro dos sete membros do grupo de galaxias HCG 16.

Un grupo de galaxias (GrG) é unha agregación de galaxias que consta dunhas 50 ou menos galaxias ligadas gravitatoriamente, cada unha polo menos tan luminosa coma a Vía Láctea (unhas 1010 veces máis que a luminosidade do Sol). As agrupacións de galaxias máis pequenas son os grupos; outras agrupacións maiores que os grupos son os cúmulos de galaxias. Os grupos e cúmulos de galaxias poden á súa vez estar agrupados formando supercúmulos de galaxias.

A Vía Láctea forma parte dun grupo de galaxias chamado o Grupo Local.

Características

Os grupos de galaxias son as agrupacións menores das galaxias. Tipicamente conteñen non máis de 50 galaxias nun diámetro de 1 a 2 megaparsecs (Mpc). As súas masas son de proximadamente 1013 masas solares. A velocidade das galaxias individuais é duns 150 km/s. Porén, esta definición debería utilizarse só como unha guía, xa que sistemas de galaxias máis grandes e masivas son ás veces clasificados como grupos de galaxias.

Os grupos son as estruturas de galaxias máis comúns no Universo, e comprenden polo menos o 50% das galaxias no Universo local. Os grupos teñen masas entre as das galaxias elípticas moi grandes e os cúmulos de galaxias. No Universo local, aproximadamente a metade dos grupos mostran emisións de raios X difusas procedentes do seu medio intracumular. Os que emiten raios X parecen conter galaxias do tipo temperán. As emisións de raios X difusas proceden de zonas que están dentro do 10-50% máis interno do raio virial dos grupos, xeralmente de 50-500 kpc.

Tipos Poden establecerse varios subtipos de grupos de galaxias.

Grupos compactos

Os grupos compactos son pequenos grupos apertadamente agrupados nunha pequena área. Teñen tipicamente unhas 5 galaxias en estreita proximidade relativamente illadas doutras galaxias e formacións. O primeiro que se descubriu, en 1877, foi o Quinteto de Stephan. Porén, o propio Quinteto de Stephan é un grupo de 4 e unha galaxia en primeiro plano non asociada. O astrónomo Paul Hickson creou un catálogo de ditos grupos en 1982, os Grupos Compactos de Hickson.

Os grupos compactos de galaxias mostran facilmente o efecto da materia escura, xa que a masa visible é moito menor que a necesaria para ligar dinamicamente as galaxias ao grupo unido. Os grupos compactos de galaxias ademais tampouco son dinamicamente estables no tempo de Hubble, o que indica que as galaxias evolucionan por fusións entre elas, en escalas de tempo da idade do Universo.

Grupos fósiles

Os grupos de galaxias fósiles, grupos fósiles ou cúmulos fósiles crese que son o resultado final da fusión de galaxias dentro dun grupo de galaxias normal, deixando detrás o halo de raios X do grupo proxenitor. As galaxias que forman parte do grupo interaccionan e fusiónanse. O proceso físico que está detrás desta fusión de galaxia con galaxia é a fricción dinámica. As escalas de tempo para a fricción dinámica nas denominadas galaxias luminosas (ou L*) indican que os grupos fósiles son sistemas non alterados vellos que experimentaron poucas adicións de galaxias L* desde o seu colapso inicial. Os grupos fósiles son, deste modo, un laboratorio importante para estudar a formación e evolución de galaxias e o medio intragrupo nun sistema illado. Os grupos fósiles poden ademais conter galaxias ananas non fusionadas, pero os membros máis masivos do grupo condensáronse na galaxia central.

O grupo fósil máis próximo á Vía Láctea é NGC 6482, unha galaxia elíptica a unha distancia de aproximadamente 180 millóns de anos luz localizada na constelación de Hércules.An old galaxy group: Chandra X-ray observations of the nearby fossil group NGC 6482

Protogrupos Os protogrupos son grupos que están en proceso de formación. Son formas menores de protocúmulos. Estes conteñen galaxias e protogalaxias incrustadas en halos de materia escura que están no proceso de fusionarse en formacións de grupo de halos de materia escura singulares.

Exemplos

+ Algúns exemplos salientables Grupo Notas Grupo Local O grupo onde está situada a Vía Láctea e, por tanto, a Terra Quinteto de Stephan Un dos grupos máis fotoxénicos Grupo da Bala O grupo en fusión mostra a separación da materia escura da materia normal

Véxase tamén Outros artigos Proxecto Illustris

Notas

Categoría:Galaxias