Erin Brockovich é un filme estadounidense dirixido por Steven Soderbergh e escrito por Susannah Grant que se estreou no 2000. O filme é unha dramatización da historia real de Erin Brockovich, interpretada por Julia Roberts, que loita contra a corporación enerxética Pacific Gas and Electric Company (PG&E). O filme foi un éxito de recadación e a acollida da crítica tamén foi positiva.

Roberts gañou o Óscar á mellor actriz, o BAFTA, o Globo de Ouro e o Premio do Sindicato de Actores pola súa interpetación. O propio filme foi nomeado nas categorías de mellor filme e mellor director para Steven Soderbergh na 73ª edición dos Óscar.

Personaxes Julia Roberts como Erin Brockovich Albert Finney como Edward L. Masry Aaron Eckhart como George Marg Helgenberger como Donna Jensen Tracey Walter como Charles Embry Peter Coyote como Kurt Potter Cherry Jones como Pamela Duncan Scarlett Pomers como Shanna Jensen Conchata Ferrell como Brenda Edward L. Masry como Diner Patron Michael Harney como Pete Jensen Veanne Cox como Theresa Dallavale Scotty Leavenworth como Matthew Brown Gemmenne de la Peña como Katie Brown Gina Gallego como Ms. Sanchez T. J. Thyne como David Foil Valente Rodriguez como Donald

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steven Soderbergh Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes ambientados en 1993 Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Universal Pictures