O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un dobramento recorrente nas montañas do Courel, en Quiroga, que se formou no carbonífero.

Este elemento xeolóxico foi catalogado como monumento natural e ocupa un espazo de 90 hectáreas entre os lugares de Campodola (O Hospital) e Leixazós (Pacios da Serra). É ademais un lugar de interese xeolóxico e parte do Xeoparque das Montañas do Courel.

Descrición Consiste nun gran dobramento que ten o seu corte transversal exposto á superficie debido aos procesos de erosión e de encaixe do río Ferreiriño e que se conserva desde o Carbonífero Inferior. O dobramento está deitado, é un pregamento tombado, e cunha orientación cara ao norte.

A súa zona central non mostra case modificacións desde a súa formación e ten uns flancos de entre 10 e 12 km. Adscríbese á zona zona centroibérica, que é o dominio do ollo de sapo, ocupando a posición máis setentrional. O perfil exposto mostra a evolución dun sinclinal a un pregamento tombado.

Lexislación Este espazo de interese xeolóxico foi declarado como monumento natural en 2012 e atópase dentro do ZEC "Ancares-Courel".

Está catalogado como lugar de interese xeolóxico español desde 1983 e como Geosite desde 2011.

Está incluído dentro do Xeoparque das Montañas do Courel, declarado en 2019 pola UNESCO.

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Monumentos naturais de Galicia Categoría:Xeoparques Categoría:Xeoloxía de Galicia