miniatura|Retrato de Champlain por E. Ronjat. Século XIX Samuel de Champlain, nado en Brouage, Charente-Maritime, entre 1567 e 1580, e finado na rexión canadense do Quebec, o 25 de decembro de 1635, foi un navegante, cartógrafo, debuxante, militar, explorador, xeógrafo, etnógrafo, diplomático e cronista francés que fundou a cidade de Quebec o 3 de xullo de 1608 e está considerado o "pai da Nova Francia".Champlain non comezou a usar o honorífico de no seu nome polo menos ata 1610, cando casou, o ano en que o rei Henrique IV foi asasinado.
Nado nunha familia de mestres mariñeiros, Champlain, sendo aínda novo, participou na exploración de Norteamérica en 1603 baixo a dirección de François Gravé du Pont (1560 - ca. 1629) e ao servizo do gobernador de Dieppe, que tiña nese momento o monopolio para explotar a incipiente industria de peles en Nova Francia.Denis Vaugeois (durante o «123e congrès du comtié des travaux historiques et scientifiques» (CTHS) en Quebec, 2 de xuño de 2008. No período 1604-1607, Champlain participou na exploración e colonización de Acadia (hoxe Nova Escocia) e logo, en 1608, estableceu a colonia francesa que agora é a cidade de Quebec.Grazas a Pierre Dugua, sieur de Mons, que financiou enteiramente —e con perdas— o primeiro ano de ambos os asentamentos franceses en Norteamérica (primeiro Acadia, logo Quebec). Champlain foi o primeiro europeo que explorou e describiu a rexión dos Grandes Lagos e publicou mapas das súas viaxes e as cousas que aprendeu dos indíxenas e dos franceses que vivían entre os nativos. Estableceu relacións coas tribos innu locais, e máis tarde con outros máis ao oeste, na rexión do río Ottawa, o lago Nipissing e a baía Xeorxiana), e acordou brindarlles apoio nas súas guerras contra os iroqueses.
En 1620, Lois XIII de Francia encomendoulle a Champlain pór fin á exploración e regresar a Quebec e dedicarse á administración do país.Segundo Trudel, Luís tiña 18 anos, unha minoría sen experiencia (a maioría de idade era 25 anos), e Champlain foi lugartenente de Henrique II de Borbón-Condé, o vicerrei de Nova Francia desde 1612, que, como escribe Trudel: was liberated [from jail, where he been for 3 years] in October 1619, and yielded his rights as viceroy to Henri II de Montmorency, admiral of France. Malia carecer do título formal, por non pertencer á nobreza, Samuel de Champlain serviu como gobernador de Nova Francia.Algúns din que o rei de Francia o fixo o seu "xeógrafo real", pero non está comprobado e só pode vir dos libros de Marc Lescarbot: Champlain nunca usou ese título. Estableceu ligazóns comerciais froito das cales se enviaron mercadorías, principalmente pel, a Francia, e supervisou o crecemento de Nova Francia no val do río San Lourenzo ata a súa morte en 1635.
Champlain lémbrase como "Pai da Nova Francia" e na súa lembranza erguéronse moitos monumentos e bautizáronse numerosos lugares, rúas e infraestruturas no nordés de América do Norte. O máis notable deles é o lago Champlain, situado na fronteira entre os Estados Unidos e o Canadá. En 1609 dirixiu unha expedición augas arriba polo río Richelieu e explorou un lago longo e estreito situado entre as Montañas Verdes, no actual Vermont, e as Adirondack, no actual estado de Nova York. Déuselle o seu nome ao lago por ser o primeiro europeo en cartografalo e describilo.
Traxectoria
Primeiros anos esquerda|miniatura|Retrato de Samuel de Champlain É moi probable que Samuel Champlain nacese na cidade portuaria de Brouage, preto de Rochefort na antiga provincia de Saintonge, fillo de Antoine Champlain (tamén escrito Anthoine Chappelain nalgúns rexistros) e de Marguerite Le Roy.A localización exacta do seu nacemento tampouco se sabe con certeza, pero no momento do seu nacemento os seus pais vivían en Brouage. A data e o lugar de nacemento exactos descoñécense, xa que todos os rexistros civís de Brouage se perderon nun incendio en 1969. No seu libro de 1851, Pierre Damien Rainguet, un sacerdote católico de Saintonge, calculou o ano de nacemento de Champlain en 1567, sen dar ningunha referencia dos datos usados para a súa estimación.Pierre Damien Rainguet, Biographie saintongeaise ou Dictionnaire historique de tous les personnages qui se sont illustrés dans les anciennes provinces de Saintonge et d'Aunis jusqu'à nos jours, 1851, Páxinas: 140-141. Na primeira metade do século XX algúns autores optaron por outras datas, como 1570 ou 1575. En 1978 Jean Liebel publicou unha investigación innovadora sobre estas estimacións do ano de nacemento de Champlain e concluíu que "Samuel Champlain naceu cara a 1580 en Brouage".Liebel, Jean (1978). Liebel afirma que algúns autores, incluídos os sacerdotes católicos Rainguet e Laverdière, tiñan preferencias polos anos nos que Brouage estivo baixo control católico (como os anos 1588, 1510 e 1866).Liebel. Páxinas 229-37.
Champlain dicía ser de Brouage no título do seu libro de 1603 e ser Saintongeois no título do seu segundo libro, de 1613. O sentimento relixioso da súa familia podía ser tanto protestante como católica tolerante, xa que Brouage foi a maior parte do tempo unha cidade católica nunha rexión protestante, e o seu nome (Samuel), procedente do Antigo Testamento, non se lle daba xeralmente aos nenos católicos.Consonte os historiadores modernos, como Alain Laberge, presidente no ano 2008 do Departamento de Historia da Universidade de Laval de Quebec, especialista en historia da Nova Francia, Champlain puido ser educado como protestante.Porén, Champlain nacieu en, ou preto dun tempo en que a cidade estivo tomada polos protestantes, pero Brouage converteuse en fortaleza real e o seu gobernador, desde 1627 ata a súa morte en 1669, foi o cardeal Richelieu, un forte antiprotestante, querendo deter as guerras de relixión en Francia, e elixido para promover o catolicismo só porque o rei de Francia tiñ que ser un católico, mesmo aínda que antes fose protestante, como o último rei Henrique.
A súa infancia é pouco coñecida, pero sábese que naceu nunha familia de mariñeiros (o seu pai e o seu tío político eran mariñeiros ou navegantes) e que gozou dunha boa formación como navegante e cartógrafo, así como debuxante e redactor de textos.
A súa educación non incluíu nin o grego antigo nin o latín, polo que non podía ler a literatura antiga. Entre as súas obras salientan varias crónicas de Nova Francia, Voyages, publicadas en 1603, 1613, 1619 e 1632, e o Traité de la marine et du devoir d'un bon marinier ("Tratado da mariña e do deber dun bo mariñeiro", de 1632. Atribúeselle tamén outra obra non publicada e escrita pouco antes de 1603, titulada Brief discours des choses plus remarquables que Samuel Champlain de Brouage a reconnues aux Indes Occidentais ("Breve discurso das cousas máis salientables que Samuel Champlain Brouage coñeceu nas Indias Occidentais"), na que se dá luz ao período da súa vida que abrangue entre 1595 e 1601.Tomo I — Brief discours des choses plus remarquables que Samuel Champlain de Brouage a reconnues aux Indes Occidentales [...] 1602, illustrado.Gagnon, ibid.:: Le Brief discours [...] é unha das copias dun manuscrito orixinal non atopado.Gagnon, François-Marc, Le Brief Discours est-il de Champlain ?, Páxina. 83-92.
No exército do rei da Bretaña (1595-1598) Dado que cada frota francesa tiña que asegurarse a súa propia defensa no mar, Champlain tratou de aprender loitando coas armas de fogo do seu tempo e adquiriu ese coñecemento práctico ao servir no exército do rei Henrique IV durante as derradeiras etapas das guerras de relixión de Francia. Samuel Champlain uniuse ao exército real, baixo a dirección dos mariscais d'Aumont, de St. Luc e, a continuación, Brissac en Blavet, na Bretaña.Os mariscais, comandantes en Blavet, foron os seguintes: Jean d'Aumont (1595), François I d'Espinay (1596-1597), Charles de Cossé-Brissac (1597-1598). O exército fora reunido coa intención de someter o duque de Mercoeur, gobernador de Gran Bretaña, que ofrecera refuxio a un corpo expedicionario español e ás derradeiras tropas rebeldes da Santa Liga durante a oitava guerra relixiosa (1585-1598).
Champlain serviu neste exército durante tres anos, ata a Paz de Vervins (1598). Alí labrou unha boa reputación entre os seus superiores.No contexto, o título de «maréchal des logis» (sarxento de intendencia) designa probablemente un alabardeiro, responsable das cortes: un «maréchal des logis de cavalerie» (un sarxento de intendencia de cabalaría), que comanda os fourrieres.
Durante ese tempo, segundo el, participou nunha viaxe secreta para o rei e entrou en combate (talvez no asedio da fortaleza Crozon, a finais de 1594).Op. cit., páx. 62.ibid., páx. 65. Cara a 1597, era xa capitán dunha compañía que servía nunha gornición preto de Quimper.
Primeiras viaxes
1599-1601: no golfo de México miniatura|Champlain e un guía na illa de La Motte, no lugar onde se di que Champlain pisou por primeira vez Vermont en 1609.Samuel de Champlain, (sculpture). O lago Champlain está no fondo. (Escultura de E.L.Weber, 1967) En 1598 o seu tío político, Guillaume Allène, alcumado "o capitán provenzal", navegante, deulle a oportunidade de que o acompañase, xa que o seu barco, o Saint-Julien, fora fretado para transportar as tropas españolas a Cádiz de conformidade co Tratado de Vervins. Logo dunha pasaxe difícil, permaneceron algún tempo en Cádiz antes de que o seu tío conseguise unha nova fretaxe para acompañar unha gran frota española ás Indias Occidentais. O seu tío, que permanecerá en Cádiz, ofreceulle novamente un lugar no seu barco, esta vez ao mando de Jerónimo de Vallebrera, e instruíu o mozo Champlain para velar polo buque como encargado de seguridade.Vaugeois, páx. 87. Esta viaxe durou dous anos e permitiulle a Champlain ver e escoitar moito acerca das explotacións españolas no Novo Mundo, desde o Caribe ata Cidade de México. Informado ou asesorado por españois, Champlain participaría na exploración de México e ata o que hoxe é Panamá, que el recoñeceu por si mesmo.
No camiño tomou notas detalladas e escribiu un informe sobre o que aprendeu nesa viaxe, e deulle ese informe en segredo ao rei Enrique, que o recompensou cunha pensión anual desde 1603 (e que en 1618 foi aumentada a 600 libras por ano).Aínda sobreviven tres copias manuscritas diferentes deste informe.Gilles Herman, «Chronologie de Champlain».Gagnon, ibid. páx. 86Nesa época, os mares estaban cheos de piratas e o rei de Francia aínda non tiña Mariña de Guerra.
Dado que era secreto, este informe non foi publicado por primeira vez ata moi tarde, en 1870, por Laverdière: Brief Discours des Choses plus remarquables que Sammuel Champlain de Brouage a reconneues aux Indes Occidentalles au voiage qu'il na faict en icettes en l'année 1599 et en l'année 1601, comme ensuite (e en inglés como Narrative of a Voyage to the West Indies and Mexico 1599–1602). A autenticidade deste relato como obra escrita por Champlain foi cuestionada adoito, por mor das imprecisións e as discrepancias con outras fontes nunha serie de puntos importantes; con todo, estudos recentes apuntan a que a obra fose escrita por Champlain.Para un tratamento detallado das reclamacións contra a autoría de Champlain, ver o capítulo de François-Marc Gagnon en Vaugeois, páx. 84ff.
Tras o regreso de Champlain a Cádiz en agosto de 1600, o seu tío, que caera enfermo, requiriuno para que coidase dos seus negocios. Champlain fíxoo e, cando o seu tío Guillaume Allène morreu en xuño de 1601, Champlain pasou a herdar os seus bens, que incluían un terreo preto de La Rochelle, propiedades comerciais en España, e un barco mercante de 150 toneladas.ibid., páx. 98-99. Esta herdanza, combinada coa pensión anual do rei, deulle ao mozo explorador unha gran independencia, xa que non dependería do apoio financeiro de comerciantes nin doutros investidores.ibid., páx. 100.