A Agrupación Martín Codax foi unha sociedade cultural radicada en Vigo durante a Segunda República Española. Historia e características Fundada polo presbítero Emilio Álvarez Martínez (o Reisiño). A súa denominación facía referencia ao trobador medieval Martín Codax. Dedicada principalmente á representación de obras teatrais -en particular de José María Pemán-, coa recadación financiaban outras actividades educativas. Creada cara finais de 1932, a agrupación non se constituíu formalmente como asociación ata 1934.

Vinculada a Acción Católica e á URD, incorporou membros da Falange galega así como un gran número de japistas. En xeral os seus dirixentes abrazaban posicións de extrema dereita, aínda que o proceso de fascistización do grupo non foi completo. Claramente españolista, aceptaba un marco de autonomía para a "rexión galega". Mantiveron o seu primeiro choque violento en agosto de 1933, en Baiona. A agrupación editou a revista homónima, que comezou a publicarse en febreiro de 1935, con José Vázquez Fernández na dirección e con Jesús Villot Vidal como redactor xefe.

Os actores José Signo e José María Seoane pertenceron á asociación antes de pasar ao Teatro Nacional.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Martin Codax Categoría:Cultura en Vigo