Alfar foi unha revista de periodicidade mensual editada na Coruña entre 1945 e 1947 pola Sociedad Gallega de Publicaciones vinculada á Delegación Nacional de Prensa. Sacou á rúa un total de nove números.

Historia e características Subtitulada Revista Gráfica de Galicia, apareceu a finais de decembro de 1945.El Compostelano, 4-1-1946, p. 2. Publicación mensual, estaba dirixida por Luís Conde Rivera. Contiña reportaxes, fotografías de actualidade, curiosidades e pasatempos. Cesou a súa publicación en 1947.

Entre os seus colaboradores estaban Luis Villardefrancos, Enrique Larios, Luis Cano, Juan F. Piñeiro, Carlos René e Enrique Mariñas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Ficha na hemeroteca da Deputación de Pontevedra.

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1945 en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas editadas en Galicia