Camilo Pereira Freijenedo, finado en Vigo a principios de setembro de 1931El Pueblo Gallego, 4-9-1931, p. 5., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Hipólito Pereira e María Freigenedo, oriundos de Seoane de Arcos (O Carballiño). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, instalouse na Estrada a finais da década de 1860 como procurador dos tribunais. Adscrito ao Partido Liberal, foi concelleiro da Estrada e deputado provincial (1888-1900). Foi secretario do xulgado municipal da Estrada. Foi tamén presidente da empresa Automóviles Gallegos. En 1926 concedéronlle a medalla do Traballo, sendo o primeiro galego en conseguila.

Vida persoal Casou en 1873 con Peregrina Renda López e foi pai de Sara Pereira Renda (que casou con Alfredo Pérez Viondi en 1897) e Virxinia Pereira Renda (que casou con Castelao).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Finados en 1931 Categoría:Nados en ano descoñecido