O verderolo da serra (antes Serinus citrinella e agora Carduelis citrinella) é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae), que se distribúe polas montañas da Europa central e meridional.Arnaiz-Villena, A.; Álvarez-Tejado, M.; Ruiz-del-Valle, V.; García-de-la-Torre, C.; Varela, P.; Recio, M. J.; Ferre. Está presente en Galicia, mais lixeiramente ameazada pola destrución do seu hábitat e a súa recolección e a súa poboación mundial cífrase entre 475.000 e 600.000 exemplares.Ficha no Atlas de las aves reproductoras de España, Ministerio de Medio Ambiente de España

Taxonomía Inicialmente atribuído ao xénero Serinus porén posteriormente propúxose o seu traslado, sobre a base de estudos de filoxenia molecular, a Carduelis. Aínda os diferentes autores non están de acordo sobre en que xénero debe situarse. Serinus corsicanus ou Carduelis corsicana, que se distribúe por Córsega e Sardeña era antes considerada parte desta especie.

Descrición O macho no verán, de cor verde amarelado no peito, posúe un dorso verde de tonalidade máis apagada. O seu tamaño, pequeno, é de aproximadamente 12 cm de lonxitude, 19 de envergadura e pesa ao redor de 14 g.

Trátase dunha ave gregaria, que aparece frecuentemente no chan ou en árbores, alimentándose de sementes. O seu voo, lixeiro e rápido, posúe ondulacións vigorosas. Aniña de maio a xullo pondo 4 ovos nunha ou dúas niñadas. O niño está tapizado de herba e peluxe vexetal. A súa distribución é europea (norte de España, sur de Francia e Alpes). Amosa preferencia polos bosques de montaña, especialmente de faias, piñeiros e abetos.

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Frinxílidos Categoría:Animais descritos en 1764 Categoría:Aves de Galicia Categoría:Fauna de Europa