O tz’utujil é unha lingua maia falada polo pobo tz’utujil na rexión do sur do lago de Atitlán, en Guatemala (lingua nacional).Proyecto de Reformas a la Constitución Política O tz'utujil está está estreitamente relacionado coas linguas veciñas kaqchikel e quiché. Segundo o censo de 2002, máis de 60 000 persoas falan tz'utujil como a súa lingua nai. Ten dous dialectos, o oriental e o occidental. O tz’utujil está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO
A maioría do pobo tz’utujil ten o castelán como segunda lingua, aínda que moita da poboación máis vella non é quen de falalo. Moitos nenos non aprenden o castelán até que van á escola, ós cinco anos. No ano 2012, a Biblioteca Comunitaria Rija'tzuul Na'ooj de San Juan La Laguna ten actividades de contacontos para nenos en tz'utujil, e existen edicións de libros nesa lingua.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas aglutinantes