O chuj é unha lingua maia falada por preto de 40 000 membros do pobo chuj en Guatemala (lingua nacional)Proyecto de Reformas a la Constitución Política e arredor de 10 000 en México. O chuj é un membro da póla q’anjob’al xunto coas linguas tojolab'al, q'anjob'al, acateca, jacalteca e mocho’. A familia chujeana xurdiu hai aproximadamente 2 000 anos.Stzolalil Stz'ib'chaj Ti' Chuj, ALMG, 2007, p.34 En Guatemala, os falantes de chuj residen principalmente nos concellos de San Mateo Ixtatán, San Sebastián Coatán e Nentón, no departamento de Huehuetenango. Algunhas comunidades en Barillas e Ixcán tamén falan chuj. Os dous dialectos principais de chuj son o de San Mateo Ixtatán e o de San Sebastián Coatán. O chuj está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes