O ixil é unha das linguas maias faladas en Guatemala. Segundo os estudos lingüísticos históricos, o ixil xurdiu como unha lingua separada nalgún momento arredor do ano 500.Colby, Benjamin N., Pierre L. van den Berghe. 1977. Ixiles y Ladinos: El Pluralism Social en el Altiplano de Guatemala. Guatemala: Editorial "Jose de Pineda Ibarra". p. 57. É a lingua nai do pobo ixil, que comprende a poboación das vilas de San Juan Cotzal, Santa María Nebaj e San Gaspar Chajul, nas terras altas de Guatemala. Por mor da emigración, tamén existe unha comunidade falante de ixil en Cidade de Guatemala e nos Estados Unidos. Malia que existen algunhas diferenzas no vocabulario entre as falas das tres vilas, son todas mutuamente intelixibles e deben ser consideradas dialectos dunha única lingua. O ixil está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Asicona Ramírez, Lucas, Domingo Méndez Rivera, Rodrigo Domingo Xinic Bop. 1998. Diccionario Ixil de San Gaspar Chajul. La Antigua Guatemala: Proyecto Lingüístico Francisco Marroquín. Cedillo Chel, Antonio, Juan Ramírez. 1999. Diccionario del idioma ixil de Santa María Nebaj. La Antigua Guatemala: Proyecto Lingüístico Francisco Marroquín. Maximiliano Poma S., Tabita J.T. de la Cruz, Manuel Caba Caba et al. 1996. Gramática del Idioma Ixil. La Antigua Guatemala: Proyecto Lingüístico Francisco Marroquín.
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas aglutinantes