O Gran Premio do Reino Unido de 2017 (coñecido oficialmente como o 2017 Formula 1 Rolex British Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 16 de xullo de 2017, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido. A carreira foi a décima rolda da tempada de Fórmula 1, a septuaxésima segunda (72ª) edición do Gran Premio do Reino Unido, e a quincuaxésimo terceira (53ª) vez que a carreira disputouse no Circuíto de Silverstone.

Informe Antecedentes A primeira sesión de adestramentos libres viu o debut público do dispositivo "escudo" de protección do cockpit, unha estrutura reforzada de choque de perspex montada no monocasco. O escudo está deseñado para proporcionar unha protección adicional do piloto ao desviar os restos da cabeza do piloto sen comprometer a capacidade dos comisarios para acceder á cabina en caso dun accidente. As probas iniciais serán levadas a cabo por Ferrari para avaliar o deseño do escudo antes da introdución planeada na tempada .

Cualificación Q1 O adestramento comezou con choiva e a pista bastante mollada. Os coches saíron á pista calzados con pneumáticos intermedios, e os RBR pronto se destacaron. Ricciardo fixo o mellor tempo, asumindo a punta con 1:42.966, pero, inmediatamente o australiano parou na pista con problemas no coche. Trala aparición da bandeira vermella o adestramento ficou paralizado, e volveu con pouco máis de 10 minutos para o final. Coa choiva diminuíndo, Verstappen confirmou o bo desempeño do equipo austríaco e lideraba a sesión até que Alonso resolveu dar un show particular para o público inglés. Con pouco tempo para o termo do adestramento, o español foi aos boxes, trocou os pneumáticos intermedios polos superbrandos, e anotou o mellor tempo da sesión con 1:37.598 para delirio total das bancadas.

Eliminados: Lance Stroll (Williams), Kevin Magnussen (Haas), Pascal Wehrlein (Sauber), Marcus Ericsson (Sauber) e Daniel Ricciardo (Red Bull).

Q2 Coa pista secando, os pilotos optaron por iniciar o Q2 con pneumáticos superbrandos. No principio da sesión, Hülkenberg deu o ton, liderando cun tempo de 1:31.085. Os pneumáticos foron quecendo e a batalla entre Mercedes e Ferrari se intensificou, con Hamilton sacándolle o liderado á escuadra italiana. Se na Q1 Alonso conseguiu sacar un coello da chisteira, no Q2 o español sucumbiu ao pouco potente coche de McLaren e terminou no 13º posto, co seu compañeiro de equipo Vandoorne pasando para o Q3 en sétimo lugar. Masa tampouco foi ben, e fechou a sesión na 15ª posición.

Eliminados: Jolyon Palmer (Renault), Daniil Kvyat (Toro Rosso), Fernando Alonso (McLaren), Carlos Sainz (Toro Rosso) e Felipe Massa (Williams).

Q3 Na disputa pola pole position, Hamilton tratou de tomar as rendas do adestramento, pronto logrou o liderado con 1:27.231. Lewis estaba imbatible, facendo o mellor tempo en todos os sectores da pista, anotando a 67ª pole position da súa carreira con 1:26.600. Os dous Ferrari acabaron consecutivos con Räikkönen segundo e Vettel terceiro. O Pole no adestramento do GP da Austria, Bottas foi só o cuarto, con Verstappen quinto.

Clasificación Cualificación Pos.Nº.PilotoConstrutor Tempos cualificaciónGrella FinalQ1Q2Q31 44 Lewis Hamilton Mercedes 1'39"069 1'27"893 1'26"600 1 2 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1'40"455 1'28"992 1'27"147 2 3 5 Sebastian Vettel Ferrari 1'39"962 1'28"978 1'27"356 3 4 77 Valtteri Bottas Mercedes 1'39"698 1'28"732 1'27"376 9Valtteri Bottas tivo unha penalización de 5 posicións na grella de saída por substituír o cambio. 5 33 Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1'38"912 1'29"431 1'28"130 4 6 27 Nico Hülkenberg Renault 1'39"201 1'29"340 1'28"856 5 7 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1'42"009 1'29"824 1'28"902 6 8 31 Esteban Ocon Force India-Mercedes 1'39"738 1'29"701 1'29"074 7 9 2 Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1'40"011 1'30"105 1'29"418 8 10 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1'42"042 1'29"966 1'29"549 10 11 30 Jolyon Palmer Renault 1'41"404 1'30"193 11 12 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 1'41"726 1'30"355 12 13 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 1'37"598 1'30"600 20Fernando Alonso tivo unha penalización de 30 posicións na grella de saída por substituír varios compoñentes da súa unidade de potencia. 14 55 Carlos Sainz Toro Rosso 1'41"114 1'31"368 13 15 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1'41"874 1'31"482 14 16 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1'42"573 15 17 20 Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1'42"577 16 18 94 Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1'42"593 17 19 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1'42"633 18 20 3 Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1'42"966 19Daniel Ricciardo tivo unha penalización de 5 posicións na grella de saída por substituír o cambio.Tempo límite 107%: 1:44.429 Fonte: A letra en grosa indica o mellor tempo na Q1, Q2 e Q3.

Carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 44 Lewis HamiltonMercedes51 1:21:27.4301252 77 Valtteri BottasMercedes51 +14.0639183 7 Kimi RäikkönenFerrari51 +36.5702154 33 Max Verstappen51 +52.1254 125 3 Daniel Ricciardo51 +1:05.95519 106 27 Nico HülkenbergRenault51 +1:08.1095 87 5 Sebastian VettelFerrari51 +1:33.9893 68 31 Esteban Ocon50 +1 volta7 49 11 Sergio PérezForce India-Mercedes 50 +1 volta6 210 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes50 +1 volta14 111 2McLaren-Honda50 +1 volta8 12 20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari50 +1 volta1613 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari50 +1 volta1014 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari50 +1 volta1815 26 Daniil KvyatToro Rosso50 +1 volta1216 18 Lance StrollWilliams-Mercedes 50 +1 volta1517 94 Pascal WehrleinSauber-Ferrari50 +1 volta17Ret 14 Fernando AlonsoMcLaren-Honda32Unidade de potencia20Ret 55 Carlos SainzToro Rosso0Colisión13NTS 30 Jolyon PalmerRenault0Hidráulica Jolyon Palmer Non se alineou na grella logo dunha fuga hidráulica na volta de formación.Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos.pilotoPuntos 10px1 Sebastian Vettel177 10px2 Lewis Hamilton176 10px3 Valtteri Bottas154 10px4 Daniel Ricciardo117 10px5 Kimi Räikkönen98

Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos 10px1 Mercedes330 10px2 Ferrari275 10px3174 10px4 Force India-Mercedes95 10px5 Williams-Mercedes41

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Ligazóns externas

Reino Unido Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1