Accolta Naziunale Corsa (ANC, en galego: Alianza Nacional Corsa) foi un partido político nacionalista corso e independentista fundado en 1987. Representaba unha tendencia moderada da Fronte de Liberación Nacional de Córsega e de A Cuncolta Naziunalista, dos cales se separou en 1989. Estivo dirixida por Pierre Poggioli.
Historia Formou parte de Corsica Nazione entre 1992 e 1993. En 2005 uniuse nunha coalición co Partitu Sucialistu pà l'Indipendenza chamada Fronte Populare e en 2009 foi un dos partidos fundadores de Corsica Libera, autodisolvéndose xusto despois da fundación deste novo partido.Accolta Naziunale Corsa
Notas
Categoría:Nacionalismo corso Categoría:Partidos políticos de Córsega