O maia chontal (tamén coñecida como yoko ochoco e acalan) é unha lingua maia falada polo pobo maia chontal no estado de Tabasco, en México, onde é lingua nacional. Ten polo menos tres dialectos, identificados como como chontal de Tamulté de las Sábanas, chontal de Buena Vista e chontal de Miramar. O maia chontal está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brown, Denise Fay. 2005. "The Chontal Maya of Tabasco." In Sandstrom, Alan R., and Enrique Hugo García Valencia. 2005. Native peoples of the Gulf Coast of Mexico. Tucson: University of Arizona Press. Keller, Kathryn C. and Plácido Luciano G., compilers. 1997. Diccionario Chontal de Tabasco.
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes