Os Irmandiños, Sociedade Cooperativa Galega é unha cooperativa de carácter agropecuario con base na parroquia da Devesa (Ribadeo). Foi creada en 1976 e comezou a súa actividade en 1978. Historia En 1991 puxo en marcha os seus servizos técnicos, e o Parque de maquinaria no 1992. En 1993 superou os mil millóns de pesetas de facturación.http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2017/06/22/os-irmandinos-mil-millones-pesetas-facturados/0003_201706X22C10992.htm En 2014 contaba con 87 empregados e 36 673 004 € de facturación.
En 2016 integrouse en CLUN -Cooperativas Lácteas Unidas, grupo económico integrado por Feiraco, Irmandiños e Melisanto- despois de ter participado noutros grupos cooperativos.
En 2017 ten máis de mil socios de 40 concellos de Galicia e Asturias.
Nas instalacións da Devesa dispón ademais de almacéns, unha tenda estilo gran superficie e unha estación de servizo inaugurada no 2017. A poucos quilómetros, en Vilamartín Grande (Cabarcos, Barreiros) sitúase o CAVI, Centro de Alimentación de Vacún Irmandiños. Na década de 2010 esta instalación é acusada reiteradamente de vertidos con influencia na calidade da auga recollida no encoro de Lexoso para Ribadeo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web de Os Irmandiños. Web de CLUN . Ardán, base de datos empresarial de Galicia.
Categoría:Cooperativas Categoría:Empresas de alimentación de Galicia