O ch’olti’ é unha lingua maia extinta que foi falada polo pobo ch'ol manche que habitaba o leste de Guatemala e o sur de Belize. A forma post-colonial da lingua só se coñece por un único manuscrito escrito entre 1685 e 1695 que foi estudado por Daniel Garrison Brinton. O ch'olti' pertence á póla de linguas cho'l e está estreitamente relacionada coa maia chontal, e especialmente co ch'orti'. A lingua ch'olti' converteuse nunha lingua especialmente interesante para o estudo da escrita maia, xa que a maioría dos textos maias están escritos nunha antiga variedade do ch'olti' chamado ch'olti' clásico ou maia clásicoHouston, Robertson, and Stuart (2000). e que se pensa que puido ser a forma dialectal de prestixio na área maia durante a era clásica.Kettunen & Helmke (2006) p. 12.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas mortas de América do Norte