As relacións públicas son o conxunto de actividades informativas, coordinadas de modo sistemático, relacionadas co intercambio de informacións entre un individuo, organización (público ou privada), ou unha organización non gobernamental e o seu público. Como ciencia, abrangue o coñecemento científico que explica, prevé e controla o exercicio de poder no sistema entre as organizacións e os seus públicos. Como actividade, á súa vez, desempeña o exercicio da administración da función política organizacional. Sendo así, as relacións públicas é a administración da función política, da comunicación e do conflito.

Na Asemblea Mundial, aprobada por 33 países, foi definido que o exercicio das relacións públicas require accións planeadas con apoio na pescuda, na comunicación sistemática e na participación programada a fin de elevar o nivel de entendemento, solidariedade e colaboración entre unha entidade e os grupos sociais a ela vinculados. Polo tanto, as relacións públicas promoven o desenvolvemento recíproco entre as entidades e as comunidades ás que pertencen.

Historia Hai cinco mil anos, a aristocracia da China xa empregaba técnicas parecidas coas das modernas relacións públicas. O inicio no occidente é incerto, con varios rexistros da actividade datados o século XVIII. Arceo Varcas en 1802 usaría o termo relacións públicas de xeito análogo á actividade actual, ben como o reverendo Hoyt empregou o termo en connotación coa idea de responsabilidade social corporativa. Porén, a primeira gran preocupación colectiva de empresarios cos seus públicos ocorreu durante a Revolución Industrial, no século XIX, e coa publicación de The Public Relations and duties of the legal profession proferida en 1882, o termo relacións públicas foi obxecto de debate por primeira vez. Daquela, o relator Dorman Eaton entendía como responsabilidade desta actividade "ollar polo benestar do público". Foi aínda o mesmo ano que o magnate norteamericano William Henry Vanderbilt, ó ser criticado pola pésima calidade das súas ferrovías, emitiu a icónica frase "Public be damned!", amosando involuntariamente a necesidade dunha abordaxe técnica entre as entidades e a opinión pública. A partir dese intre, a industria comezou a ser atacada por líderes de goberno e escritores famosos. miniatura|Ruínas de Ludlow tralo masacre. A situación vixente en América do Norte daquela época non era distinta noutros países. En España, por exemplo, a maximización dos lucros das empresas estaba por enriba de calquera tipo de consideración social, o que acabou xerando xa a partir do final do século XIX, protestas e reivindicacións crecentes, impulsados por publicacións como La solidariedad (1870) e La Emancipación (1871).

Durante o século XX, a actividade foi estruturada e estudada con rigor científico polos norteamericanos, sobre todo polo xornalista e publicitario Ivy Ledbetter Lee. Esa orixe deuse pola estimulante necesidade económico-empresarial, pois os empresarios decatáronse de que necesitaban da figura dun especialista que comprendese tanto ós seus públicos externos como os internos para o bo funcionamento das súas organizacións. Foi nese contexto que xurdiu Lee, fundando, con George Parker a axencia Parker & Lee en 1906, a partir da cal entraría en acción un servizo de prensa.

Naquel momento, a Familia Rockefeller estaba sendo moi criticada pola opinión pública por conta do conflito entre mineiros e as forzas militares do Colorado que ficou coñecido como o massacre de Ludlow. O conflito resultou na morte de 19 a 26 persoas, incluíndo dúas mulleres e 11 nenos. Lee alertou á Familia Rockefeller que eles estaban perdendo apoio popular e desenvolveu unha estratexia para que Rockefeller Júnior a executara a fin de recuperar o seu prestixio coa clase traballadora. Parte do plano elaborado por Lee foi enviar a Júnior persoalmente para conversar cos mineiros e as súas familias, inspeccionar as súas condicións de traballo, as súas casas, e especialmente ouvir as súas queixas persoais. A estratexia atraeu a atención dos medios, que pasou a divulgar unha versión máis humanizada dos Rockefeller.Robert L. Heath, ed. Encyclopedia of public relations (2005) 1:485 esquerda|miniatura|Campaña da marca Lucky Strike concibida por Bernays, a fin de popularizar o cigarro entre as mulleres como un instrumento feminista. Porén, atribuír a paternidade da actividade mundial a Lee é unha cuestión controvertida, xa que el se consideraba un publicista, e non un relacións-públicas. Moitos académicos atribúen a Edward Bernays, sobriño de Sigmund Freud, ser o pioneiro. Con outro tipo de abordaxe, Bernays defendía a manipulación de masas e individuos, e desa forma axudou a popularizar nos Estados Unidos de América as actividades das relacións públicas. Foi el o primeiro profesor de relacións públicas nunha universidade e autor da primeira obra académica dedicada á área, nomeada de Crystallizing Public Opinion. O primeiro cliente de Bernays foi a Corporación de Tabaco Americana. Contratado para ampliar o consumo de cigarros nos EUA, Bernays entendeu que, se buscase unha forma de asocialo ó poder masculino e ós desexos inconscientes das mulleres de derrubalo, o cigarro sería máis atractivo para o público feminino.

Tralo remate da primeira guerra mundial, a sociedade norteamericana pasou a esixir cada vez máis informacións dos seus gobernantes. O Presidente Roosevelt pasou a esixir a presenza de técnicas de relacións públicas no seu goberno, e iso converteríase imperativo na segunda guerra mundial, cando o goberno tivo que desenvolver un intenso traballo para explicar o motivo que levou o país a entrar no conflito. A partir de entón, as relacións públicas desenvolvéronse en todo o mundo, sofisticando as súas técnicas e desenvolvendo os conceptos. Creáronse os primeiros cursos en universidades e colexios e os libros comezaron a proliferar. Nese escenario, órganos especializados e asociacións nacionais xurdiron nos Estados Unidos, en Inglaterra, en Francia, en Italia e no Brasil, culminando no I Congreso Internacional de Relacións Públicas en 1954, que consolidou a actividade profesional e o campo científico.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Comunicación