Eleanor Hallowell Abbott (Sra. Fordyce Coburn), nada en Cambridge (Massachusetts) o 22 de setembro de 1872Ehrlich, Eugene and Gorton Carruth. e finada en Portsmouth (Nova Hampshire) o 4 de xuño de 1958, foi unha escritora estadounidense. Contribuíu con frecuencia no Ladies' Home Journal.
Traxectoria Era filla do clérigo Edward Abbott, quen editaba a publicación Literary World, e neta do notable escritor de textos infantís Jacob Abbott. Por influencia do seu pai e o seu avó, Eleanor medrou rodeada de literatura e relixión, o cal lle axudou a coñecer a literatos destacados como Henry Wadsworth Longfellow e Robert Lowell.HAMBLEN, ABIGAIL ANN.
Tras asistir a escolas privadas en Cambridge, empezou a estudar en Radcliffe College. Unha vez completou os seus estudos, traballou como secretaria e mestra en Lowell State Normal School. Alí empezou a escribir poesías e historias curtas, con pouco éxito ao comezo. Foi só despois de que a revista Harper's aceptase dous dos seus poemas que a escritora viu que o seu traballo era prometedor. Máis adiante gañaría tres premios coas súas historias curtas, ofrecidos por Collier's e The Delineator.
En 1908, Abbott casou co Dr. Fordyce Coburn e trasladouse con el a Wilton, Nova Hampshire."Abbott, Eleanor Hallowell." O Dr. Coburn era asesor médico da Lowell High School, e en ocasións axudaba á súa esposa coa súa escritura. Logo do traslado, varias revistas de alta circulación aceptaron os seus traballos para ser publicados. Dous dos seus poemas foron aceptados por Harper's Magazine en 1909. Chegaría a publicar 75 historias curtas e 14 novelas románticas. Being Little in Cambridge When Everyone Else Was Big ("Ser pequena en Cambridge cando todos os demais eran grandes") é unha autobiografía escrita por Abbott acerca da súa nenez en Cambridge.
Abbott non tivo fillos. Faleceu en 1958 en Portsmouth.
A biblioteca da Universidade de Nova Hampshire mantén unha serie de textos orixinais das historias curtas de Abbott nas súas Milne Special Collections.
Traballos seleccionados miniatura|280x280px|Primeira edición de Molly Make-Believe, 1910 Molly Make-Believe, 1910 The Sick-a-Bed Lady (and other tales), 1911 The White Linen Nurse, 1913 Little Eve Edgarton, 1914 The Indiscreet Letter, 1915 The Ne'er Do Much, 1918 Love and Mrs. Kendrue, 1919 Peace on Earth, Good-will to Dogs, 1920 Silver Moon, 1923 But Once A Year: Christmas Stories, 1928 Being Little in Cambridge when Everyone Else was Big, 1936
Notas
Ligazóns externas Obras de Eleanor Hallowell Abbott no Proxecto Gutenberg.
Categoría:Finados en 1958 Categoría:Nados en 1872 Categoría:Nados en Cambridge, Massachusetts Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa