O itza’ (tamén coñecido como itza ou itzaj) é unha lingua que pertence á póla iucateca das linguas maias falada polo pobo itza’ preto do Lago Petén Itzá, na moderna Guatemala. A lingua está seriamente ameazada, con só 12 falantes fluídos e uns 60 falantes non fluídos. O itza’ está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O itza’ era a lingua da administración ó longo da península do Iucatán antes do ano 1697, cando o pobo itza’ controlaba a derradeira nación maia de Mesoamérica. Durante este tempo, o pobo itza’ situou o seu fogar ancestral na rexión de Petén. A subxugación da capital itza’ polos conquistadores españois obrigou ós itza’ a fuxir ou vivir entre os españois, trasladándose a San José, Guatemala, onde os falantes modernos viven no presente.

O pobo itza’ moderno é o derradeiro pobo maia das terras baixas quen de trazar a súa liñaxe até a era precolombiana. A lingua itza' reflicte a súa historia na nomenclatura do mundo natural, xa que as verbas itza' que se refiren á agricultura e ás súas prácticas permaneceron sen cambios dende a primeira vez que foron rexistradas. Ademais, o itza' posúe un rico vocabulario para as plantacións e os animais que recollen información específica sobre as diferentes variedades e individuos das especies.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Charles Andrew Hofling: Itzá Maya texts with a grammatical overview. University of Utah Press, Salt Lake City 1991. 321 pp. ISBN 0-87480-359-4 Charles Andrew Hofling, Félix Fernando Tesucún: Tojt'an: diccionario maya itzaj - castellano. Guatemala, Cholsamaj, 2000. Charles Andrew Hofling: Itzaj Maya Grammar. The University of Utah Press, Salt Lake City 2000. ISBN 0-87480-666-6 Charles Andrew Hofling, Félix Fernando Tesucún: Itzaj Maya-Spanish-English Dictionary. The University of Utah Press, Salt Lake City 1997. ISBN 0-87480-550-3

Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas aglutinantes