Manuel Coto Chan, nado en Couselo (Cuntis) en 1898 e finado na Estrada en 1946, foi un político galego.

Traxectoria Emigrou á Arxentina, onde traballou en diversos negocios. Retornou en 1926 e instalouse na Estrada onde abriu unha carnizaría na praza de abastos. Militou no Partido Republicano Radical Socialista do que foi nomeado presidente do comité da Estrada en agosto de 1931,El Emigrado, 16-8-1931, p. 4. e despois pasou ao PSOE. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido xunto con Higinio Carracedo Ruzo, Manuel Vázquez Otero e Manuel Pereira Rial acusados de cortar os fíos telegráfico e telefónico a noite do 5 ao 6 de outubro, deixando incomunicada a vila da Estrada; xulgados en novembro polo Tribunal de Urxencia, excepto Manuel Pereira que foi absolto, foron condenados a un ano, catro meses e un día de prisión,El Pueblo Gallego, 10-11-1934, p. 13. e en decembro foron trasladados á colonia penitenciaria do Dueso.El País, 14-12-1934, p. 2. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi indultado. En marzo de 1936 foi nomeado deputado provincial.El País, 18-3-1936, p. 1. Foi nomeado concelleiro da Estrada e elixido segundo tenente alcalde o 5 de maio de 1936 ao constituíuse a Comisión Xestora Municipal.El Pueblo Gallego, 13-5-1936, p. 12.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de Orde Pública desempeñando o cargo até o día 22, cando os republicanos se disolven pacificamente. Avisado de que figuraba na lista dos falanxistas, escapou polo monte de Ferreiros cara a Couselo. O xuíz militar de Pontevedra emitiu unha requisitoria para a súa presentación xunto con Higinio Carracedo Ruzo, José Vila Carbón, Manuel Sanmartín Constela, Manuel Campos Vázquez, Eduardo Pazo Álvarez, José Torres Bermejo, Luciano Louzao e Manuel Pérez Carracedo o 27 de agosto.El Pueblo Gallego, 28-8-1936, p. 7. O xuíz da Estrada fixo publicar requisitorias na prensa a principios de setembro.BOP A Coruña, 18-9-1936, p. 2. A súa filla foi interrogada e acosada por falanxistas co fin de que confese o agocho do seu pai. O seu fillo ingresou no exército con 17 anos para tentar salvar ao pai. Manuel formou parte do Comité Popular Anti-fascista da Estrada ata que foi detido o 28 de novembro de 1938 con José Silva Rey na casa de Higinio Carracedo Ruzo na Somoza. Estivo preso na Estrada e foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar e condenado a pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua. Ingresou no cárcere da Parda en Pontevedra, e despois pasou a El Dueso (Cantabria), e finalmente estivo no campo de concentración de Brunete, sometido a traballos forzados. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1939.El Pueblo Gallego, 1-11-1939, p. 5. Foi indultado en outubro de 1945, e retornou á Estrada coa saúde moi deteriorada. Faleceu ao ano seguinte.

Vida persoal

Casou con Ramona Abal, de Barrantes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Manuel Coto Chan e o socialismo estradense

Diario de Coto Chan Ligazóns externas A preguerrilla: de cando coller as armas.

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes