Michel-Marie-Bernard Calvet, nado o 3 de abril de 1944 en Autun (Francia), é un relixioso marista, arcebispo de Nouméa dende 1981. Traxectoria Naceu en Autun, concello do departamento de Saona e Loira, o 3 de abril de 1944. Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Lión, e posteriormente formouse para ser sacerdote, licenciándose en Teoloxía polo Instituto Católico de Lión. O 28 de abril de 1973 foi ordenado sacerdote da Sociedade de María polo bispo auxiliar de Grenoble Michel Mondésert.

O 4 de xullo de 1979 foi nomeado bispo auxiliar de Nouméa e bispo titular de Nigrae Maiores. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo de Nouméa Eugène Klein o 4 de novembro do mesmo ano, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Wallis e Futuna Lolesio Fuahea e ao arcebispo de Papeete Michel-Gaspard Coppenrath. O 19 de xuño de 1981 foi nomeado arcebispo de Nouméa. Notas

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados no departamento de Saona e Loira Categoría:Padres maristas de Francia Categoría:Arcebispos católicos de Francia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade de Lión Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lión