María de los Ángeles Tobío Fernández, nada en Viveiro o 21 de febreiro de 1908 e finada en Vitoria o 13 de febreiro de 2004, foi unha bibliotecaria e escritora galega.

Traxectoria Filla de Lois Tobío Campos. Trasladouse coa familia a Santiago de Compostela en 1915. Alí estudou o bacharelato e cursou a carreira de Filosofía e Letras. En 1931 casou con Pedro Martul Rey e trasladouse a Madrid onde traballou no Centro de Estudios Históricos e opositou ao Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos. Destinada a Ourense, en 1936 trasladouse a Madrid, onde a colleu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Traballou na Biblioteca Nacional. Cou caída de República fuxiu durante o inverno de 1939 e chegou a Francia. Foi detida e separada do seu home Pedro Martul Rey, que foi internado no campo de Argelès sur Mer, e ela e o seu fillo permaneceron en Montélimar. Grazas ao Comité Técnico de Ayuda a los Refugiados Españoles (CTARE) a parella e o seu fillo Pedro embarcaron no Ipanema rumbo a México, onde arribou o 7 de xullo de 1939. Alí puxo en marcha co seu home o Instituto Hispano-Mexicano Ruíz de Alarcón, na que se responsabilizou da dirección da Escuela de Señoritas, filial do centro. En 1948 regresaron a España e María solicitou o reingreso no Corpo de Auxiliares de Bibliotecas. Foi readmitida en 1950, pero sancionada, degradada e inhabilitada para ocupar cargos directivos e de confianza. Traballou no Arquivo Xeral de Galicia, na Biblioteca da USC e no Instituto Arcebispo Xelmírez. Finou en Vitoria o 13 de febreiro de 2004.Necrolóxica en La Voz de Galicia , 14-2-2004, p. 43.

Obras Anacos da vida dunha muller galega, 2003.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes