José Filgueira Pérez foi un político galego.
Traxectoria Foi secretario da sociedade de Agricultores de Lousame.La Voz de Galicia, 5-5-1931, p. 9. Coa proclamación da Segunda República foi nomeado presidente da Comisión Xestora de Lousame o 26 de abril de 1931.La Voz de Galicia, 1-5-1931, p. 8. Celebradas eleccións, a candidatura republicano agraria que encabezaba, obtivo os 14 concelleiros da corporaciónLa Voz de Galicia, 3-6-1931, p. 8. e foi elixido alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Concelleiros das corporacións republicanas
Categoría:Alcaldes de Lousame Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en ano descoñecido