Antonio Comyn Crooke, nado o 4 de marzo de 1858, en Madrid, e finado o 30 de decembro de 1931, tamén en Madrid. Foi un aristócrata, avogado e político español. Foi conde consorte de Albiz desde 1903 polo casamento con Jesusa Allendesalazar, I condesa de Albiz, irmá de Manuel Allendesalazar.
Estudou en España, no Instituto San Isidro e Inglaterra, de onde procedía a súa familia. Licenciouse en dereito e foi socio do Ateneo de Madrid e tamén foi un dos pioneiros do excursionismo en Madrid. Foi elixido deputado do Partido Conservador polo distrito de Santa Coloma de Farners nas eleccións xerais de 1891,1893, 1898 e 1899. Foi Fiscal do Tribunal de ContasReal Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. (2007). Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía . Vol. X. ISSN 1133-1240 e en 1900 foi nomeado subsecretario da Presidencia do Consello de Ministros.Gaceta de Madrid núm. 329, de 25/11/1900
Tamén foi senador pola provincia de Xirona durante 1901-1902 e pola provincia de Cuenca de 1903 a 1904 e pola provincia de Palencia de 1907 a 1908. Tamén participou en empresas que instalaron a telegrafía sen fíos en España.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do Congreso dos Diputatos Ficha do Senado
Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Senadores de España Categoría:Políticos da Comunidade de Madrid Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Nados en Madrid