Alexandre do Nascimento, nado en Malanje o 1 de marzo de 1925 e finado en Luanda o 28 de setembro de 2024, foi un eclesiástico católico latino angolano, arcebispo metropolitano de Luanda entre 1986 e 2001, e cardeal dende 1983.

Traxectoria Naceu en Malanje o 1 de marzo de 1925. O 20 de decembro de 1952 foi ordenado sacerdote polo arcebispo Luigi Traglia.

O 10 de agosto de 1975 foi nomeado bispo de Malanje. Recibiu a ordenación episcopal o 31 de agosto do mesmo ano, de mans do delegado apostólico Giovanni De Andrea. O 3 de febreiro de 1977 foi nomeado arcebispo metropolitano de Lugango.

No consistorio do 2 de febreiro de 1983 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de cardeal-presbítero de San Marco in Agro Laurentino. O 16 de febreiro de 1986 o mesmo papa nomeouno arcebispo metropolitano de Luanda.

En 2015 ingresou na Orde de Predicadores.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados na provincia de Malanje Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Angola Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Cardeais de Angola Categoría:Dominicanos Categoría:Relixiosos católicos de Angola Categoría:Finados en 2024