miniatura|Rectángulo 24×60 recuberto con dez baldosas cadradas de 12×12, onde 12 é o mcd de 24 e 60. En xeral, un rectángulo a×b pode recubrirse con baldosas cadradas de lado c só se c é un divisor común de a e b. En matemáticas, o máximo común divisor (MCD ou mdc) ou máximo divisor común de dous ou máis números enteiros é o maior número enteiro que os divide sen deixar resto.
Definicións Se a e b son números enteiros distintos de cero e se o número c é tal que c|a e á súa vez c|b, este número c denomínase divisor común dos números a e b.Belski e Kaluzhin, División inexacta (1997). Editorial Científica, Lima; páx.10 Cómpre observar que dous números enteiros calquera teñen divisores comúns; cando os únicos divisores comúns dos números a e b son 1 e -1, eses números chámanse primos entre si.
Un número enteiro d chámase máximo común divisor dos números a e b cando: d é divisor común dos números a e b e d é divisible por calquera outro divisor común dos números a e b.
Exemplo: 12 é o mcd de 36 e 60. Pois 12|36 e 12|60; á súa vez 12 é divisible por 1, -1, 2, -2, 3, -3, 4, -4, 6, -6, 12 e -12 que son divisores comúns de 36 e 60.Ibídem, páx. 10
Cálculo do máximo divisor común O tres métodos máis utilizados para o cálculo do máximo divisor común de dous números son:
Por descomposición en factores primos O máximo común divisor de dous números pode calcularse determinando a descomposición en factores primos dos dous números e tomando os factores comúns elevados á menor potencia, o produto dos cales será o mcd.
Exemplo: para calcular o máximo común divisor de 48 e de 60 obtense da súa factorización en factores primos. dereita|200x200px
O mcd son os factores comúns co seu menor expoñente, isto é:
Na práctica, este método só é operativo para números pequenos levando en xeral demasiado tempo calcular a descomposición en factores primos de dous números calquera.
Algoritmo de Euclides Un método máis eficiente é o algoritmo de Euclides, que emprega o algoritmo da división xunto co feito de que o mcd de dous números tamén divide o resto obtido de dividir o maior entre o máis pequeno.
Exemplo 1: Se se divide 60 entre 48 dando un cociente de 1 e un resto de 12, o MCD será polo tanto divisor de 12. Despois divídese 48 entre 12 dando un resto de 0, o que significa que 12 é o mcd. Formalmente pode describirse como:
Exemplo 2: O MCD de 42 e 56 é 14. En efecto:
operando:
Co mínimo múltiplo común O máximo divisor común tamén pode ser calculado empregando o mínimo común múltiplo. Se a e b son distintos de cero, entón o máximo divisor común de a e b obtense mediante a seguinte fórmula, que involucra o mínimo múltiplo común de a e b:
MCD de tres ou máis números O máximo común divisor de tres ou máis números pódese definir recursivamente empregando o método: .Vinogradov: Fundamentos de la teoría de números, editorial Mir.Castellet, Álgebra lineal y geometría, tema I.
Propiedades 1. Se entón 2. Se é un enteiro, 3. Se é un número primo, entón o bien 4. Se , entón 5. Se é un divisor común de e , entón 6. Se , entón 7. Se , entón Esta última propiedade indica que o máximo divisor común de dous números é o produto dos seus factores primos comúns elevados ao menor expoñente.
Xeometricamente, o máximo divisor común de a e b é o número de puntos de coordenadas enteiras que hai no segmento que une os puntos (0, 0) e (a, b), excluíndo o (0, 0).
Proposicións Para calquera par de números enteiros a≠0, b≠0, existe un único mcd d ≥ 1.Ibídem, páx. 11 O mcd. dos números a e b pode ser representado en forma de combinación linear destes números. Isto é (a, b) = ax + by Se dous números enteiros son primos entre si, i.e. o seu mcd = 1 ou noutra notación (a, b) = 1, entón cómpre a representación ma + nb = 1 onde m e n son números enteiros (identidade de Bézout). Se a|bc e (a, b) = 1, será a|c. Noutras palabras, se un número a divide un produto doutros dous números e é coprimo cun deles, entón divide necesariamente o outro número ou factor.Ibídem, páx. 13 Cando un número a é coprimo cos números m e n, tamén o é co produto mn. (a, b) é divisor de (a, bc)Vorobiov: Números de Fibonacci, Editorial Mir, Moscova (1974) t(a, b) = (ta, tb) para todo t enteiroEnzo Gentile, Aritmética elemental, ediciones OEA Se (m, b)= 1 entón (am, b)= (a, b)Gentile: Aritmética elemental OEA Se (m, b)= 1, (am, n) = 1 entón (am, bn) = (a, b) Para todo x, (a, b)= (b, a) = (a, -b) = (a, b + ax)Niven e Zuckerman: Teoría de los números Por definición, (0, 0) = 0;Gentile: Aritmética elemental deste xeito o mcd defínese en todo ℤ×ℤ. (a, b) = b se e só se b|a, (ou sexa se a é múltiplo de b). Se (a, b)= D, entón (an, bn) = DnSantillana: "Aritmética razonada", Lima mZ + nZ = (m, n)Z. Sumar senllos múltiplos de dous enteiros é o mesmo que considerar os múltiplos do seu máximo común divisor.Kostrikin: Introducción al álgebra, Editorial Mir, Moscú (1974) Pódese comprobar tendo en conta que (a/d, b/d)= 1, d=MCD
MCD como operación interna O mcd pódese estruturar como unha operación en ℤ; deste xeito a calquera par de enteiros, ou sexa a un elemento de ℤ×ℤ asígnalle un único elemento de ℤ. Para calquera par de enteiros (a, b) existe un enteiro non negativo d que é o seu máximo común divisor. Isto é a*b = (a, b) = d. O mcd goza da propiedade asociativa, como da propiedade conmutativa. O mcd posúe un elemento identidade, o cero, de modo tal que (a, 0)= (0, a)= aCotlar-Sadosky: Introducción al álgebra. Eudeba, BS. O mcd ten un comportamento dual que o mínimo común múltiplo, e aos enteiros non negativos a e b lígaos a ecuación ab = (a, b)[a, b]Gentile: Ibídem Propiedade do 1: (a, 1) = 1 para calquera enteiro a, pois o 1 é divisor de todos os enteiros, ou ben xera os elementos de ℤ.
Aplicacións O mcd emprégase para simplificar fraccións. Por exemplo, para simplificar a fracción calcúlase primeiro o mcd(60, 48) = 12, dividíndose o numerador e o denominador da fracción inicial por 12 para obter a fracción simplificada .
O mcd tamén se emprega para calcular o mínimo común múltiplo de dous números. En efecto, o produto dos dous números é igual ao produto do seu máximo divisor común polo seu mínimo común múltiplo. Así, para calcular o mínimo común múltiplo de 48 e de 60, calcúlase primeiro o seu mcd, 12, sendo o seu mínimo común múltiplo .
O mcd e o algoritmo de Euclides empréganse na resolución de ecuacións diofánticas lineares con dúas incógnitasIbídem páx. 17 y 20 e para desenvolver un número racional en fraccións continuas.Gentile: Aritmética elemental OEA (1987)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Thomas H. Cormen, Charles E. Leiserson, Ronald L. Rivest e Clifford Stein. Introduction to Algorithms, Second Edition. MIT Press and McGraw-Hill, 2001. ISBN 0-262-03293-7. Section 31.2: Greatest common divisor, pp. 856–862.
Donald Knuth. The Art of Computer Programming, Volume 2: Seminumerical Algorithms, Third Edition. Addison-Wesley, 1997. ISBN 0-201-89684-2. Section 4.5.2: The Greatest Common Divisor, pp. 333–356.
Saunders MacLane e Garrett Birkhoff. A Survey of Modern Algebra, Fourth Edition. MacMillan Publishing Co., 1977. ISBN 0-02-310070-2. 1–7: "The Euclidean Algorithm." Ligazóns externas Weisstein, Eric W. «Greatest Common Divisor». Método para calcular o máximo divisor e o mínimo múltiplo comúns á vez
Categoría:Teoría de números