José Luis Álvarez Álvarez, nado en Madrid o 4 de abril de 1930 e fiando en Cartaxena o 23 de agosto de 2023, foi un político español.

Traxectoria Realizou estudos de Dereito e aprobou as oposicións a notario en 1954. Foi notario en Valencia (1956-1959) e Madrid (dende 1960). En 1975 foi designado Secretario Xeral do Partido Popular, o primeiro partido político inscrito no Rexistro do Ministerio do Interior durante a monarquía, en torno ó que se aglutina unha federación de partidos denominada «Centro Democrático», que se integrou logo na Unión de Centro Democrático. En 1976 era membro da Comisión Igrexa-Estado encargada da redacción dos Acordos entre o Estado español e a Santa Sé de 1979.

Alcalde de Madrid por designación do goberno (1978), dimitiu a comezos de 1979 para presentarse como candidato a Alcalde da UCD ás eleccións, mentres asumiu a alcaldía o até entón tenente de alcalde Luis María Huete. Nas eleccións, Álvarez foi o candidato máis votado, pero non foi elixido alcalde, por ser maior en número de concelleiros a suma dos obtidos polas candidaturas do PSOE e do PCE.

Ministro de Transportes e Comunicacións dende o 2 de maio de 1980 baixo a presidencia de Adolfo Suárez González e dende o 26 de febreiro de 1981 baixo a presidencia de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo. O 1 de decembro de 1981, Calvo-Sotelo nomeouno ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, cargo que ocupou até 1982, coa vitoria socialista.

En 1989, como membro de Alianza Popular, formou parte da Comisión que realizou a transformación de Alianza Popular no Partido Popular.

En 1993, ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Vida persoal

Casou con Mercedes Royo-Villanova Payá. Notas

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Madrid

Categoría:Finados en 2023

Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Alcaldes de Madrid Categoría:Ministros de España Categoría:Ministros do Goberno de España da I Lexislatura