Altia Consultores S. A. é unha empresa constituída o 17 de marzo de 1994 con sede na cidade da Coruña. Dedícase á prestación de servizos de consultoría no eido das TIC. O seu presidente executivo é Constantino Fernández Pico, coñecido por presidir tamén o consello de administración do R. C. Deportivo da Coruña desde 2014 ata 2019.
Descrición Altia foi impulsada por Tino Fernández en 1994, e a súa primeira sede estivo na Coruña. Conta con delegacións en: Oleiros, Vigo, Vitoria-Gasteiz, Milladoiro, Madrid, Valladolid, Alacante, Toledo, Ames, Valladolid, Santiago de Chile, Leioa, Tenerife, Palma de Mallorca e Barcelona, ademais dun centro de desenvolvemento tecnolóxico no Campus de Elviña e un centro de datos no Campus das Lagoas-Marcosende.
Entre os seus clientes figuran ou figuraron empresas como Abanca, Coren, Augas de Galicia, Banco Pastor, Banesto, BBK, Bricoking, Cafés Candelas, Caramelo, Citröen, Codere, CRTVG, Emalcsa, Estrella Galicia, FORTA, Inditex, Megasa, Navantia, R, Renault, Roberto Verino, Telefónica, Turgalicia ou Vodafone así como distintas administracións públicas tanto a nivel local, autonómico como estatal ademais de entidades e organismos dependentes destas.
En 2010 Altia empezou a cotizar no Mercado Alternativo Bolsista da Bolsa de Madrid.
En 2014 entrou no seu accionariado o multimillonario investidor indio Ram Bahvani cun 5% do accionariado ao comezo, chegando ata o 8,5% actual (2016)
Actualmente conta con máis de 2.2000 empregados entre inxenieiros e consultores.
Empresas do Grupo Altia Estas empresas forman parte do grupo Altia:
Noesis Altia Logistic Software Mercurio Altia Streaming Exis TI
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Portal web de Altia
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:A Coruña