Silvia Federici, nada en Parma en 1942, é unha escritora, profesora e activista italiana do movemento autónomo e do feminismo de tradición marxista. É profesora emérita e Teaching Fellow na Hofstra University, onde é profesora de ciencias sociais. Traballa como profesora en Nixeria durante moitos anos, é tamén a cofundadora do Committee for Academic Freedom in Africa, e membro do Midnight Notes Collective. Special Issue on Food & Sovereignty
Traxectoria Federici naceu en Italia, e en 1967 marchou a Estados Unidos para doutorarse en filosofía na Universidade de Buffalo. Ensinou na Universidade de Port Harcourt en Nixeria, e foi profesora asociada e máis tarde catedrática de Filosofía Política e Estudos Internacionais no New College da Universidade de Hofstra.
Foi cofundadora do Colectivo Feminista Internacional, organizadora da campaña polo salario para o traballo doméstico (Wages for Housework, WFH), e participou co Midnight Notes Collective. Foi cofundadora do Committee for Academic Freedom in Africa, unha organización que apoia a loita de estudantes e profesores contra os axustes estruturais das economías e dos sistemas educativos africanos. En 1995, foi cofundadora da Asociación de Filosofía Radical (RPA), un proxecto contra a pena de morte nos Estados Unidos.
Contribucións académicas A obra máis coñecida de Federici, Caliban and the Witch: Women, the Body and Primitive Accumulation, expándese na obra de Leopoldina Fortunati. Nela argumenta contra a afirmación de Karl Marx de que a acumulación primitiva é precursora necesaria do capitalismo. En cambio, postula que a acumulación primitiva é unha característica fundamental do mesmo capitalismo, e que o capitalismo, coa finalidade de se perpetuar, require dunha infusión constante do capital expropiado.
Federici conecta esta expropiación co traballo non remunerado das mulleres, ambas as dúas conectadas coa reprodución e doutra banda, co que ela enmarca coa condición histórica polo xurdimento dunha economía capitalista sustentada sobre o traballo asalariado. En relación con iso describe a loita histórica polos bens comúns e a loita polo comunalismo. En lugar de ver o capitalismo como unha derrota liberadora do feudalismo, Federici interpreta o ascenso do capitalismo como un movemento reaccionario de subverter a crecente ondada de comunalismo e por reter o contrato básico.
Na década de 1970, participou na campaña a favor do salario para o traballo doméstico en Nova York, iniciado en primeiro lugar por Selma James.Con outros membros da organización Colectivo Feminista Internacional, como Mariarosa Dalla Costa e Selma James, e con autoras feministas como Maria Mies e Vandana Shiva, Federici foi instrumental no desenvolvemento do concepto de "reprodución" como unha clave para as relacións de clase de explotación e dominación en contextos locais e globais, así como no centro das formas de autonomía e os comúns.
Sitúa a institucionalización da violación e a prostitución, así como os xuízos contra a herexía e a caza de bruxas, incendios e torturas no centro dun sometemento metódico das mulleres e a apropiación do seu traballo. Isto está ligado coa expropiación colonial e ofrece un marco para a comprensión da tarefa do Fondo Monetario Internacional, do Banco Mundial, e doutras institucións coa participación nun novo ciclo de acumulación primitiva, de maneira que todo o que é comunitario, como a auga, as sementes, a nosa información xenética, privatízase no que equivale a unha nova rolda de valados.
Obra
Como autora (2004) "Il Femminismo e il Movimento contro la guerra USA", in DeriveApprodi #24 (2004) Caliban and the Witch: Women, the Body and Primitive Accumulation. Brooklyn, NY: Autonomedia. (2012) Revolution at Point Zero: Housework, Reproduction, and Feminist Struggle, Brooklyn/Oakland: Common Notions/PM Press Como editora (1995) (ed.) Enduring Western Civilization: The Construction of the Concept of Western Civilization and Its "Others". Westport, CT, e Londres: Praeger. (2000) (ed.) A Thousand Flowers: Structural Adjustment and the Struggle for Education in Africa. Africa World Press. (2000) (eds.) African Visions: Literary Images, Political Change, and Social Struggle in Contemporary Africa. Westport, CT, e Londres: Praeger. Artigos de acceso libre en liña Feminism and the Politics of the CommonsThe Commoner, 2011 On capitalism, colonialism, women and food politics, Politics and Culture 2009 (2) - Special Issue on Food (&) Sovereignty Witch-Hunting, Globalization, and Feminist Solidarity in Africa Today, The Commoner, 2008 Precarious Labour: A Feminist Viewpoint, 2008 Notes on the edu–factory and Cognitive Capitalism, 2007 (with George Caffentzis) [https://web.archive.org/web/20070928000539/http://info.interactivist.net/article.pl?sid=03%2F06%2F25%2F1435244&mode=nested&tid=4 Theses on Mass Worker and Social Capital] (1972, con Mario Montano) [http://www.nadir.org/nadir/initiativ/agp/free/9-11/federici.htm War, Globalization and Reproduction] [https://web.archive.org/web/20060528220646/http://deoxy.org/mormons.htm Mormons in space] (con George Caffentzis) Why Feminists Should Oppose Capital Punishment [http://www.universitadelledonne.it/federici.htm Donne, Globalizzazione e Movimento Internazionale delle Donne] [https://web.archive.org/web/20161018202734/http://www.commoner.org.uk/01-1groundzero.htm Genoa and the antiglobalization movement] (con George Caffentzis) [https://web.archive.org/web/20170810185501/http://commoner.org.uk/03federici.pdf The great Caliban:The struggle against the rebel body], desde Caliban & the Witch [http://abahlali.org/files/caliban%20and%20the%20witch.pdf All the World Needs a Jolt: Social Movements and Political Crisis in Medieval Europe] , desde Caliban & the Witch [https://web.archive.org/web/20160529122251/http://www.commoner.org.uk/02federici.pdf The Debt Crisis, Africa and the New Enclosures] [http://www.midnightnotes.org/pamphlet_yugo.html The War in Jugoslavia. On Whom the Bombs are Falling?] (1999, conMassimo De Angelis) "Viet Cong Philosophy: Tran Duc Thao". TELOS 06 (Fall 1970). Nova York: Telos Press [https://web.archive.org/web/20060505204507/http://www.eco.utexas.edu/Homepages/Faculty/Cleaver/MidnightOilFedericiDevNigeria.htm Development and Underdevelopment in Nigeria] (1985) "On Elder Care" *
Charlas [https://web.archive.org/web/20171231024632/http://silviafederici.littlerednotebook.com/ Silvia Federici, recorded live at Fusion Arts, NYC.] (11.30.04) Audio from a talk entitled The Body, Capitalist Accumulation And The Accumulation Of Labour Power by Silvia Federici for Bristol Radical History Group
En galego Artigo en Praza Pública http://praza.gal/movementos-sociais/16396/federici-o-8m-debe-concretarse-en-programas-que-permitan-pensar-mais-alo-do-capitalismo/
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Heidi Harmann Mark Poster
Ligazóns externas Silvia Federici page at Generation Online Silvia Federici page at LibCom Midnight Notes Collective Silvia Federici. Mulleres e reconstrución do común na Aula Castelao de Filosofía
Categoría:Feministas de Italia Categoría:Sociólogos de Italia Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Parma Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Italia