José Ignacio Eleicegui López (ou coa variante do apelido Eleizegui), nado en Santiago de Compostela o 30 de setembro de 1879 e finado en Madrid o 1 de agosto de 1956, foi un médico, pediatra, educador, xornalista, fotógrafo e escritor galego.
Traxectoria Fillo do enxeñeiro de minas Antonio Eleicegui Ituarte e de Carmen López Ferreiro (irmá do cóengo Antonio López Ferreiro), foi irmán de Antonio (decano da Facultade de Farmacia da USC e tamén escritor), Carmen e María Eleicegui López. Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo tamén o título de mestre superior na Escola Normal da mesma cidade. Colaborou en El Pensamiento Gallego e Universidad e dirixiu El Boletín de Medicina y Cirugía e Galicia en Madrid. Fundou a revista España Médica (1911), considerada a renovadora do xornalismo médico en España, que se publicou ata 1936.
Foi nomeado médico director do Balneario de Fonte Nova de Verín en 1910La Región, 2-6-1910, p. 3., en 1927 foi nomeado médico do Balneario de ArteixoEl Eco de Santiago, 22-3-1927, p. 2. e despois foi director do Balneario de Zuazo. En 1932 foi nomeado director do Centro Secundario de Higiene Rural de Villalón de CamposEl Día de Palencia, 26-10-1932, p. 4.. Entre outros premios e mencións, obtivo a medalla da Lexión de Honra francesa. Foi fotógrafo afeccionado.
Obras miniatura|400px|José Eleicegui nun curso de Hixiene Escolar en Xixón en febreiro de 1934 (revista Crónica, de Madrid). Higiene industrial, 1903319 páxinas. Edición de Sucesores de Manuel Soler (Madrid), colección Manuales Soler (número IL). Coñécense varias reedicións: Nociones de Higiene Industrial, 1914 (319 páxinas + 8 páxinas de vocabulario + 15 páxinas de catálogo; edición de Sucesores de Manuel Soler, Barcelona, colección Manuales Soler, número IL; Imprenta Guinart y Pujolar) Higiene industrial (320 páxinas; edición de José Gallach na colección Manuales Gallach, número 3) Nociones de Higiene Industrial, 1930 (364 páxinas; edición de Espasa Calpe, Madrid, colección Manuales Gallach). La familia y los enfermos. Enseñanzas higiénicas, 1905228 + 46 páxinas. Edición de Sucesores de Manuel Soler (Barcelona), colección Manuales Soler (número LXXX). Coñécense varias reedicións: La familia y los enfermos (enseñanzas higiénicas) (edición de Calpe, Compañía Anónima de Librería, na colección Manuales Gallach) La familia y los enfermos. Enseñanzas higiénicas, 1915 (274 páxinas; edición de Sucesores de Manuel Soler, Barcelona). Higiene del agua. Manual científico-popular, 1907154 páxinas. Edición de P. Orrier (Madrid). Figuras médicas: Don José Mª Esquerdo, 1914<ref>245 páxinas. Edición da Imprenta de Antonio Marzo (Madrid), na colección Biblioteca de "España Medica".</ref> Medicina y pedagogía, 191588 páxinas. Imprenta de Antonio Marzo (Madrid). La visita del médico. De crianza infantil, 1915236 páxinas. Edición de España Médica (Madrid). La tragedia del Doctor Zugasti. Narración fantástica, 1921217 páxinas. Edición de Luis Gili (Barcelona). Los juegos en la infancia. Guía médico-pedagógica para padres y maestros, 1925151 páxinas. Edición da Sociedad General de Publicaciones (Barcelona). Para educar al niño. Normas y reglas de educación moral y física en la casa y en la escuela, 1926217 páxinas. Edición da Sociedad General de Publicaciones (Barcelona). Biologia de la edad escolar, 1929382 páxinas. Editorial Paracelso (Madrid). Las rebeldías de la infancia escolar. Normas para una educación biológica, 1931208 páxinas. Ediciones Ulises (Madrid). La sexualidad infantil. Normas de educación, 1934210 páxinas. Edición da Unión Poligráfica (Madrid). Tivo unha reedición en 1936 a cargo da Biblioteca médico-pedagógica, de Madrid, que contou tamén con 210 páxinas.. Difteria. Epidemiología. Diagnóstico clínico. Tratamiento. Con 14 figuras, 1941122 páxinas. Editorial Morata (Madrid), na colección Opúsculos sobre investigación y Clínica. un artigo na revista Ciencias médico hispano-americanas (Ano I; nº 3), 1948. Las deficiencias de nutrición y los ultravirus en la etiología de las cirrosis hepáticas'', 1959212 páxinas. Edición de Laboratorios Made (Madrid).
Vida persoal Casou con María SieiroEl Correo de Galicia, 6-7-1917. e foi pai do tamén médico José de Eleizegui Sieyro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1956