José Gabriel Condorcanqui Noguera, marqués de Oropesa chamado igualmente José Gabriel Túpac Amaru, APU SAHUARAURA, Justo, Noticia importante para el conocimiento de la posteridad, en: Cornejo Bouroncle, Jorge Op. cit., p. 133.Usou indistintamente os dous nomes.Enciclopedia Temática del Perú. nado en Surimana, Canas, Vicerreinado do Perú o 19 de marzo de 1738 e finado en Cuzco o 18 de maio de 1781, coñecido posteriormente como Túpac Amaru II ou simplemente Túpac Amaru, foi un caudillo indíxena líder da maior rebelión anticolonial que se deu en Hispanoamérica durante o século XVIII. Descendía de Túpac Amaru I (derradeiro Sapa Inca, executado polos españois no século XVI).
Liderou a denominada «Gran rebelión» que se desenvolveu no Vicerreinado do Río da Prata e o Vicerreinado do Perú, pertencentes ó Reino de España, rebelión iniciada o 4 de novembro de 1780 coa captura e posterior execución do corrixidor Antonio de Arriaga.
Curaca (xefe nativo) de Surimana, Tungasuca e Pampamarca, era adiñeirado e dedicábase ó comercio. Tratábase dun personaxe de orixe mestiza (foi marqués de Oropesa) no que confluía o sangue do Sapa Inca Túpac Amaru coa dos crioulos. De feito, durante unha gran parte da súa vida, sendo criado até os 12 anos polo sacerdote crioulo Antonio López de Sos e logo no Colexio San Francisco de Borja, mostrou preferencia polo crioulo chegando a dominar o latín e a empregar refinadas vestimentas hispanas, pero posteriormente vestiu como un nobre inca, fixo uso activo da lingua nativa quechua na súa vida e proclamas, e foi excomungado da Igrexa católica., 1781.
No Perú foi recoñecido como o fundador da identidade nacional peruana. Foi unha figura capital para o réxime velasquista (1968-1975) e dende entón permaneceu reivindicado no imaxinario popular.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Micaela Bastidas
Categoría:Nados en 1738 Categoría:Finados en 1781 Categoría:Historia do Perú Categoría:Líderes nativos americanos Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas