Ramón Yáñez Pereira, coñecido como Enrique ou Médico, nado en Monforte de Lemos en 1902 e finado en Celanova o 13 de xullo de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Na II República era policía en Barcelona, traballaba para a Generalitat. Antes da ocupación de Barcelona polas tropas franquista, marchou a Francia a finais de decembro de 1938. Volveu a Monforte de Lemos e logo trasladouse a Ribadavia onde traballou como recadador de contribucións cunha identidade falsa ata xullo de 1940. Descuberto, fuxiu cando o ía deter a policía e marchou a Portugal instalándose en Castro Laboreiro. Formou parte do grupo capitaneado por José Rodríguez Páramo xunto coa súa compañeira Rosa Alves "A Africana". Foi morto pola policía en Caseta de Ansemil (Celanova) o 13 de xullo de 1943. Foi soterrado no cemiterio de Celanova.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes