Saudisat 4 é un satélite artificial de Arabia Saudita lanzado o 19 de xuño de 2014 mediante un foguete Dnepr desde a Base Aérea de Dombarovskiy, en Rusia.
Características Saudisat 4 foi un demostrador tecnolóxico que levaba a bordo un experimento construído en colaboración coa NASA para estudar a acumulación de carga eléctrica en masas en voo libre usadas como sensores de referencia gravitacional (GRS, Gravitational Reference Sensors, polo seu acrónimo en inglés) no interior de satélites artificiais. A importancia dos GRS radica en que poden medir aceleracións con precisión extrema, pero o seu rendemento vese afectado pola acumulación de cargas eléctricas.
O satélite probou un sistema de luz ultravioleta para iluminar as masas libres dos GRS e eliminar a carga eléctrica na súa superficie por fotoemisión.
Véxase tamén Outros artigos Dnepr
Notas
Categoría:Satélites artificiais