O oromo é unha lingua afroasiática. É a máis falada da familia de linguas cuxitas. O oromo é falado como primeira lingua por máis de 24,6 millóns de persoas, do pobo oromo e de pobos veciños de Etiopía, e por medio millón máis en parte do norte e o leste de Kenya. Tamén é falado por pequenos grupos de emigrantes noutros países africanos, como Suráfrica, Libia, Exipto e o Sudán. O oromo é un continuo dialectal, mais non tódalas variedades son mutuamente intelixibles. O nome nativo da lingua é Afaan Oromo, que se traduce como "boca (lingua) dos oromo." Antigamente era coñecido como "galla", un termo considerado pexorativo pero que se pode atopar na literatura antiga.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en oromo Bibliografía

Categoría:Linguas cuxitas Categoría:Linguas de Etiopía Categoría:Linguas de Kenya