O carisma (do grego χάρισμα khárisma e χαρίζεσθαι kharízesthai, ‘agradar, facer favores’) é a capacidade de certas persoas de motivar e suscitar a admiración dos seus seguidores grazas a unha suposta calidade de "magnetismo persoal".

Carisma relixioso e movementos carismáticos En relixión, particularmente en distintas confesións cristiás, denomínase carisma a un don ou talento, dado polo Espírito Santo a un crente para edificar espiritualmente a unha comunidade cristiá. Tamén se traduce a palabra grega kharisma como don gratuíto e relaciónase coa mesma raíz que kharis (graza).Aparicio Olmos, O.S.B: Madre Petra y su época.

Carisma no Novo Testamento No Novo Testamento fálase de carisma pero non no sentido estrito que hoxe utiliza a Igrexa católica, en xeral designa aos dons de Deus e a Xesucristo, ao Espírito Santo e á divina graza. Segundo os teólogos católicos os carismas son concedidos para ser útiles á comunidade.

Carisma segundo o Concilio Vaticano II Segundo o teólogo Michael Schmaus, o carisma ha de ordenarse á realización da vida eclesiástica e é propio tanto de segrares como de clérigos. Sen o carisma, a Igrexa habería de enquistarse nunha actividade soamente burocrática. Pero o carisma non é un privilexio exclusivo nin dos segrares nin dos clérigos. Se un dos dous estados o pretendese para si só, iso constituiría un desprezo do Espírito Santo que obra na Igrexa enteira.Schmaus, Michael: El Credo de la Iglesia Católica, vol. II

Dentro do cristianismo recoñécense o Movemento carismático e a Renovación Carismática Católica.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Aparicio, Emilio Mª: "Madre Petra y su época". Valencia, 1982. ISBN 84-7065-094-7. Schmaus, Michael: "El Credo de la Iglesia Católica", vol. II. Madrid, 1970.

Categoría:Psicoloxía social Categoría:Terminoloxía relixiosa Categoría:Emocións Categoría:Artigos sen imaxes