Nalgúns grupos de arácnidos (amblipixios, palpígrados, arañas) chámase pedicelo ou pedículo ao primeiro segmento do opistosoma, que é moi curto e delgado, e une o prosoma ao opistosoma.Garrido, Carlos (1997): pedicelo (Arthropoda:Arachnida), en Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
O pedicelo é moi flexíbel, o que permite que as arañas poidan mover o abdome en todas as direccións e así, por exemplo, facer xirar as sedas sen mover o cefalotórax. Esta cintura é o somito prexenital, e se perdeu na maioría dos membros dos arácnidos (nos escorpións só se pode ver nos embrións).
Etimoloxía O termo pedicelo é unha adaptación do latín científico pedicellus, relacionado co latín pediculus, 'pé pequeno' (e 'piollo'), diminutivos ambos os dous de pēs, pedis, 'pé'.pedicel, 2º acep. en Dictionary.com
Notas
Véxase tamén Pedicelo (insectos)
Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Arácnidos Categoría:Termos zoolóxicos